Skip to Content

Gañadores da fase autonómica da Olimpíada de Bioloxía

 

O alumno do IES Lucus Augusti, Isaac Pazos Pérez, xunto con Sofía Jamardo Paz, alumna do Rosalía de Castro, e Iván Orois Longarela, alumno do IES de Arzúa, foron os gañadores da fase autonómica da Olimpíada de Bioloxía e representarán a Galicia na final estatal que se celebrará en Bilbao.

Ler máis

 

 

 

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2020

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca 1.600 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020

Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia dos cursos que aparecen na seguinte táboa.

O inicio do procedemento de solicitude realizarase a partir da aplicación dispoñible na páxina web do programa (http://www.edu.xunta.es/axudasle), non sendo válidas as solicitudes que non procedan deste xeito.

3º Premio no XXV Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo

A alumna do IES Lucus Augusti, Mencía Álvarez Díaz de 1ºESO-C, gañou o 3º premio do XXV Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo que cada ano organiza a Concellería de Cultura do Concello de Lugo.

Ler máis

 

 

 

 

 

Premios do 1º concurso de artigos filosóficos do club de letras

1º premio: Ana Mª Díaz Sánchez (2º BAC-E) co artigo "Tu activismo es misoginia"

2º premio: Carlos Álvarez Varela (1º BAC-D) co artigo "Sé sincero...o no"

Os premios consistirán no seguinte:

1º premio: publicación do artigo na revista cultural "Hechos Mínimos" e un vale por 50 euros para mercar libros en calquera librería na que teña conta o IES Lucus Augusti.

2º premio: publicación do artigo na revista cultural "Hechos Mínimos" e un vale por 30 euros para mercar libros en calquera librería na que teña conta o IES Lucus Augusti.

3º posto no "Lucus Intercentros"

O IES Lucus Augusti acadou o 3º posto no IV concurso "Lucus Intercentros" cos alumnos David Díaz López, Carlos Álvarez Varela e Paula Vázquez Tello, que tivo lugar ó 17 de xaneiro no IES Muralla Romana.

Ler máis

EL CLIMA QUE NOS VIENE

 

O cambio climático é, probablemente, un dos maiores desafíos ao que se vai ter que enfrontar na súa historia a humanidade. As probas e argumentos científicos mostran que é un feito innegable e cada vez se manifesta nun maior número de desastres. Por iso é necesario que, dende o ámbito educativo, se programen actividades para promover a educación ambiental e a concienciación dos mozos e mozas.
Por sorte, hai persoas cun forte compromiso medioambiental, como Juan Carlos Mejuto Fernández, quen aceptou dar esta conferencia no IES Lucus Augusti. Juan Carlos Mejuto, quen cursou o bacharelato no noso centro, é un científico de relevancia. É doutor én Ciencias Químicas e catedrático de Química Física na Universidade de Vigo. Foi decano da Facultade de Ciencias de Ourense e é autor de numerosos artigos de investigación e director de varias teses doutoriais.
Agradecémoslle a súa participación totalmente desinteresada.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut