Skip to Content

Novas do centro

O luns 20 de maio publicouse no DOGA a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2024/25.

A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (procedemento ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes remata o venres 21 de xuño.

O alumnado que curse 1º ou 2º de ESO no curso 2024/25, incluídos no proxecto de educación dixital (E-DIXGAL), está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar.

Mais información.

Publicación de actos:

No taboleiro de anuncios da secretaría do centro, única e exclusivamente, publicaranse os seguintes actos:

  • listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto.
  • listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluías, indicando a causa de exclusión.
  • relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación de que carezan.

Asi mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

Datas de publicación (prazos máximos):

  • Listaxes provisionais: 12 de xullo de 2024.
  • Prazo de reclamación: dous días hábiles seguintes ao da publicación da listaxe provisional.
  • Listaxes definitivas: 26 de xullo de 2024.

O pasado mércores, o alumnado de formación profesional das familias de Construcións Metálicas, Imaxe Persoal e Administración e Finanzas participaron nun proxecto de promoción da Igualdade e da prevención e sensibilización da Violencia de Xénero.
“Educando en Igualdade na era de Tik Tok” foi impartido por Patricia Vaquero de Nos Igualdade @nos_igualdade, socióloga especializada en xénero, consultora e formadora en igualdade.
O proxecto consistiu en desenvolver accións que interveñan na promoción da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes; a prevención, a detección e o tratamento das violencias machistas; e a promoción do respecto pola diversidade afectivo-sexual e de xénero.

Instrución 10/23 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establecen para o curso 2023/24 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso do bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa. 

 Instrución 10/23

 Modelos orientativos

"Non hai que queimar libros para destruír unha cultura. Chega con conseguir que a xente deixe de lelos."

Ray Bradbury

O pasado xoves, Pablo Loira Ermida, de 1º bacharelato C, acudiu ao colexio M. Peleteiro de Santiago de Compostela, ao acto de entrega dos Premios Minerva, nos que  conseguiu un accésit pola súa obra Tolemias do noso señor. Moitos parabéns e a seguir escribindo!

Noticia na Voz de Galicia

Están publicadas no taboleiro de anuncios da secretaría do centro, as listaxes de admitidos en ESO e Bacharelato para o curso 2024/2025.

Distribuir contido


by Dr. Radut