O venres 19 de maio publicouse no DOGA a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2023/24.
O prazo de presentación de solicitudes remata o mércores 21 de xuño.
O alumnado que curse 1º de ESO no curso 2023/24, incluído no proxecto de educación dixital (E-DIXGAL), está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar.
No taboleiro de anuncios da secretaría do centro, única e exclusivamente, publicaranse os seguintes actos:
listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto.
listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluías, indicando a causa de exclusión.
relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación de que carezan.
Asi mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.