Skip to Content

Novas do centro

O martes 30 de xaneiro de 16:00 a 17:00 no salón de actos do IES Johan Carballeira, xornada de portas abertas para familias: acollida 1º ESO para o curso 2024-2025.

Publicada o 8 de xaneiro a Orde do 21 de decembro de 2023 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).

  • Orde do 21 de decembro de 2023.
  • Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.
  • Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoas que non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñan dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.

Prazo de presentación de solicitudes:

  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao medio: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 26 de febreiro e 8 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.
  • Probas de acceso a ciclos formativos de grao superior: O prazo de presentación de solicitudes estará abranguido entre os días 29 de xaneiro e 9 de febreiro de 2024.

Datas de realización:

As probas de acceso aos ciclos de grao medio terán lugar o día 23 de maio de 2024 no horario que se indica deseguido:

– Ás 9.00 horas: presentación.
– Das 9.30 ás 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística.
– Das 16.00 ás 18.00 horas: parte científico-técnica.

As probas de acceso aos ciclos de grao superior terán lugar o día 18 de abril de 2024 no horario que se indica deseguido:

– Ás 9.00 horas: presentación.
– Das 9.30 ás 13.00 horas: parte común da proba (Matemáticas, Lingua galega e Lingua castelá).
– Das 16.00 ás 18.30 horas: parte específica da proba (materias específicas da opción vinculada ao ciclo formativo ao que se desexe acceder).

Calendario das probas de acceso 2024

Máis información

Nos próximos días instalarase nos portátiles do alumnado, a través da wifi Abalar, unha aplicación, baseada no software CT Parental, para garantir a navegación segura.

O funcionamento desta aplicación é independente do tipo de conexión que se estableza para conectarse a Internet, polo que permite a navegación segura do alumnado tanto dentro da rede corporativa do centro, como nas redes domésticas ou a través de dispositivos móbiles.

A aplicación, ademais, permite filtrar a actividade do portátil do/a alumno/a, evitando accesos non autorizados a espazos con información sensible ou que non son axeitados para o alumnado, baseados nas seguintes categorías: adultos, xogos, apostas, malware, phising, bitcoin, redes sociais, drogas, ... Estas categorías e listas de sitios bloqueados son revisados e mantéñense actualizados coas garantías da Universidade de Toulouse.

Mais información 

O número premiado coa cesta de Nadal foi o 42.

O sorteo realizouse o venres 15 de decembro ás 11:30 no salón de actos.

As notas da 1ª avaliación publicaranse en Abalar o 21 de decembro segundo o seguinte horario:

  • ESO e Bacharelato: ás 11:00 h.
  • Ciclos básicos, medios e superiores: ás 12:00 h.

Ven de rematar no IES Johan Carballeira o Curso de Capacitación Dixital. Esta actuación permite á cidadanía formarse en competencias dixitais transversais necesarias para desenvolverse de forma cotiá nunha sociedade cada vez máis dixitalizada, na que servizos esenciais, tales como a banca, o acceso ás administracións públicas ou o consumo realízanse de forma telemática.

Distribuir contido


by Dr. Radut