Skip to Content

Novas do centro

De acordo coa Resolución do 19 de setembro de 2022, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebracion de eleccions de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG de 30 desetembro), a Xunta Electoral deste Centro, en virtude das atribución que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar para elixir representantes de alumnado, profesorado, nais e pais, segundo as seguintes normas.

Os censos de alumnado e responsables de alumnado pódense consultar no taboleiro de anuncios do centro tendo en conta que o prazo de reclamación sobre os censos é ata o 17 de novembro.

SORTEO PÚBLICO DESIGNACIÓN MEMBROS XUNTA ELECTORAL

O próximo venres 28 de outubro ás 10:45 horas procederase ao sorteo para a designación dos membros da Xunta Electoral (artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1994).

Segundo as instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e da Consellería de Sanidade ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da COVID-19 no ámbito educativo no curso 22-23, este ano non haberá un protocolo específico de adaptación ao contexto da COVID-19 nas aulas. Porén, ditas instrucións recollen unha serie de recomendacións para o novo curso:

  1. Ventilación de espazos, realizando ventilación cruzada frecuente nas instalacións, sobre todo ao inicio e remate da xornada, durante os recreos e entre clases. 
  2. Hixiene de mans e hixiene respiratoria, promovendo o lavado de mans regular e recomendando tusir ou esbirrar sobre a cara interior do cóbado ou nun pano.
  3. Uso de máscara, sendo obrigatorio no transporte escolar e recomendable no caso das persoas que presenten síntomas compatibles coa COVID-19 ou outra sintomatoloxía respiratoria, e naquelas persoas con criterios de vulnerabilidade.

As persoas que presenten síntomas compatibles coa COVID-!9 non precisan illamento pero deberán utilizar máscara e manter unha hixiene de mans e respiratoria axeitada e evitar interacionar con persoas vulnerables. En calquera caso, se a sintomatoloxía impide asistir con normalidade ao centro, non se acudirá, como en calquera enfermidade común.

1º Bach: Xoves 8 de setembro ás 17:00, aula 2
2º Bach: Xoves 8 de setembro ás 17:45, aula 2
ESA: Xoves 8 de setembro ás 17:45, aula 5

As clases comezarán o xoves 8 de setembro en horario normal, de 08:50 h a 14:25 h.
A tarde do xoves, terán clase, en horario de 16:00 h a 18:30 h, os seguintes grupos:
1º CM Estética
2º CM Peiteado
2º CM Soldadura
 
O alumnado de ESO que solicitou transporte xa o pode empregar dende o día 8 de setembro. O resto do alumnado terá que agardar ata que avisen polas aulas.

O día 1 de agosto publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2022, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas básicas de educación para persoas adultas, bacharelato para persoas adultas e ensinanzas non regradas no curso académico 2022/23.

 

Poderán matricularse nas ensinanzas para persoas adultas todas as persoas maiores de dezaoito anos, ou que os fagan no ano 2022.

Tamén poderán matricularse aquelas persoas maiores de dezaseis anos, ou que os fagan no ano 2022, que teñan un contrato laboral en vigor ou sexan deportistas de alto nivel. Calquera destas circunstancias deberá ser acreditada documentalmente á hora de formalizar a matrícula.

 

Prazo de matriculación:

  • Educación secundaria para persoas adultas: entre o 1 e o 8 de setembro
  • Bacharelato semipresencial para persoas adultas: entre o 1 e o 20 de setembro
Distribuir contido


by Dr. Radut