Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar. Curso 2024/2025

jlmartinez

O luns 20 de maio publicouse no DOGA a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso escolar 2024/25.

A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (procedemento ED330B-anexos I e II) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes remata o venres 21 de xuño.

O alumnado que curse 1º ou 2º de ESO no curso 2024/25, incluídos no proxecto de educación dixital (E-DIXGAL), está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar.

Mais información.

Publicación de actos:

No taboleiro de anuncios da secretaría do centro, única e exclusivamente, publicaranse os seguintes actos:

  • listaxe provisional e definitiva de persoas beneficiarias de libros de texto.
  • listaxe provisional e definitiva de solicitudes excluías, indicando a causa de exclusión.
  • relación provisional e definitiva de solicitudes de axudas para adquirir libros de texto e material escolar en que se detecten deficiencias, indicando a deficiencia detectada ou a documentación de que carezan.

Asi mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.

Datas de publicación (prazos máximos):

  • Listaxes provisionais: 12 de xullo de 2024.
  • Prazo de reclamación: dous días hábiles seguintes ao da publicación da listaxe provisional.
  • Listaxes definitivas: 26 de xullo de 2024.



page | by Dr. Radut