Pablo Monteagudo Lago, alumno do IES Plurilingüe Fontexería recibiu a cualificación máis alta de Galicia na proba dos Premios Extraordinarios de Educación Secundaria Obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2014/2015.
Puido optar a ditos premios xa que tivo unha media das cualificacións dos catro cursos da ESO de 9,93.
A proba estivo estruturada en dúas partes: unha relacionada coas linguas e outra parte con xeografía e historia, matemáticas e unha materia optativa que no seu caso foi física e química, materia na que recibiu tamén a cualificación máis alta.
O premio está dotado cunha contía de 750 euros, unha distinción no seu expediente académico e un diploma acreditativo que lle será entregado proximamente. Terá a posibilidade de concorrer aos premios nacionais da ESO.
Parabéns!