Skip to Content

Guías Prácticas Fontexería
Curso de Galego
Bolsa de Emprego Fontexería

 

Servidor Abalar do centro

Recursos Didácticos

Atención a pendentes

 

blogue deadmin

O machismo está....e regueifa feminista

Aquí están algunhas das respostas do alumnado de 1º BAC á pregunta de onde está o machismo:

na propaganda, no regaeton, na linguaxe, nas relacións, na intimidade, nas imaxes, en nós mesmas...Podedes ver os eslógans que propoñen para sacudírmonos o machismo de enriba...

Regueifa Luna e Alba.png

La Voz de Barbanza dá voz ás nosas alumnas

Dentro da actividade de redacción de artigos de prensa na materia de Lingua Galega en 1º BAC, impartida por Olalla Liñares, en colaboración coa edición do Barbanza de La Voz

Memes pola Igualdade

Deixamos aquí algúns exemplos dos "memes" feministas  realizados por alumnado de 1º BAC na materia de Lingua Galega. A capacidade crítica do noso alumnado queda perfectamente reflectida nesta actividade que auna texto, imaxe e internet na buscando chegar a todo o alumnado do centro a través dos grupos de wasap! 

Profesora responsable: Olalla Liñares

lex, Pedro e Alonso (1).jpg

Calendario feminista para o curso 2018-2019

 

O Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística realizou este curso,para colocar nas aulas, un calendario con reivindicacións feministas dibuxado por alumnas do centro, na liña do iniciado o curso pasado. Nesta montaxe tedes algunhas imaxes das follas de cada mes.

 

Calendario feminista curso 2018-2019

 

Profesora responsable: Chus Abraldes

24F: Día de Rosalía

Recollemos nesta entrada os enlaces as actividades realizadas no centro con motivo da celebración do 24 de Febreiro,Día de Rosalía, que se encontran aloxadas no apartado de Dinamización Lingüística desta mesma web.

Como `podedes ver, seguimos facendo funcionar a máquina de facer chapas que estreamos polo 25N, desta volta coa proposta artística de alumnas do centro. 

 

IMG_1512_0.jpg

11F: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

 

Achegamos nesta entrada a proposta de actividade de reflexión e debate coa que celebramos o 11 de Febreiro, : Día Internacional das Mulleres e as Nenas na Ciencia, analizando a seguinte escolma de vídeos. No adxunto podedes atopar a nosa proposta de guión para facer a análise dos vídeos, adapados tamén para alumnado de Primaria.

 

MakeWhatsNext

4-3º.jpg

Alumnado de 1º ESO descubre a Eduardo Galeano e ás súas mulleres

Galeano segue cativando, especialmente a cativos de 11-12 anos que pertencen a estas novas xeracións ás que "non lles gusta ler". Todas e todos, sen excepción, descubriron o fascinante que é que che transporten, en poucas liñas, a outra época, outros mundos, sentindo e sabendo que as persoas das que che fala poderías ser ti ou alguén próximo a ti. 

HERSTORY.. rescatando mulleres nas clases de Historia

Alumnas de 4º ESO escollen maioritariamente mulleres para facer o traballo de Historia que teñen que expoñer diante de compañeiras e compañeiros: Mata Hari, Ana Frank, Margaret Tacher, Camille Claudel, Maria Callas...De entre a ampla selección ofrecida polo profesor, cada unha achegouse a aquela muller que pola súa traxectoria vital e campo de actuación que resultou máis atractiva.

6.jpg

Charla de alumnas sobre o neurosexismo

Alumnas de 2º de BAC da materia de Psicoloxía elaboraron unha solicitude á Consellaría de Educación relacionada co estándar B27 da materia, ao consideraren que resultou ser un amparo para a xustificación do sexismo científico desde o currículo da materia. Adxuntamos a reclamación presentada - asinada por todo o alumnado da materia- como exemplo de espítitu crítico e gafas violetas das nosas alumnas.

1.jpg

Exposición sobre a diversidade sexual e a homofobia realizada por alumnado de 2º BAC

O alumnado de 2º BAC da materia de Debate escolleron para o terceiro trimestre afondar na temática da diversidade sexual e a homofobia. Coas conclusións deste traballo elaboraron unha exposición con información sobre os conceptos e as polémicas máis recentes sobre esta temática.

 

7.jpg
Distribuir contido


Iniciar sesión: Acceso
by Dr. Radut