Skip to Content

Actividades

Alumnado de 4º ESO e de 1º e 2º Bacharelato de Física e Química asisten á charla "O láser, esa luz máxica"

Alumnado de Física de 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato na charla "O láser, esa luz máxica"

O martes 13 de abril, o alumnado da materia de Física e Quimica de 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato asistiu na Biblioteca do noso centro á interesante charla: "O láser, esa luz máxica", impartida polo profesor do departamento de Física Aplicada, Área de Óptica da USC, Raúl de la Fuente Carballo. Esta charla desenvólvese dentro do programa "A Ponte entre o Ensino medio e a USC". Durante unha hora o profesor de la Fuente Carballo explicoulle ao alumnado asistente á charla sobre que é un láser?, que ten de especial?, para que se usa?, debatendo sobre este dispositivo de múltiples aplicación e que é  recoñecido como un dos dez maiores logros tecnolóxicos do século XX. A actividade foi organizada polo departamento de Física e Química.

Alumnado de Física de 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato na charla "O láser, esa luz máxica"
 

Alumnado de 3º ESO visita os museos científicos de A Coruña

Alumnado de 3º ESO en A Coruña

O alumnado de 3º ESO realizou o pasado luns 10 de febreiro unha visita á cidade de A Coruña. Nesta cidade fixo un percorrido polos  Museos Científicos Coruñeses, un servizo do concello desta cidade  que comprende tres museos de ciencia interactivos: a Casa das Ciencias, a Domus e o Aquarium Finisterrae. O seu obxectivo é dar estímulos e recursos para incorporar a ciencia e a súa cultura, para comprender mellor o mundo no que vivimos a estas xeracións novas. A actividade foi organizada polo departamento de Física e Química en colaboración co de Bioloxía e Xeoloxía. Foron acompañados por profesorado Maruxa Barca, Sara Brea, Sabela Sanromán e Jaime Oviedo.

Alumnado de 3º ESO en A Coruña

Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato visita a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da UVIgo

Alumndo de 4º ESO e 1º Bacharelato na EME da UVigo

Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato da área de Ciencias visitou, na mañá do xoves 23 de xaneiro, a Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidad de Vigo. Alí puideron coñecer os contidos impartidos nesta escola universitaria, tales coma os asociados á enerxía, os materiais e ao medio ambiente, relacionados cos graos que se imparten nese centro: Grao en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos e o Grao en Enxeñaría da Enerxía. Tamén participaron en diferentes módulos como o de combustión, onde comprobaron con experiencias prácticas conceptos como enerxía, potencia, turbulencia, cinética química, etc. Todo isto coa participación activa do propio alumnado. Foron acompañados polo profesorado Sara Brea, Sabela Sanromán e Jaime Oviedo. A actividade foi organizada polo departamento de Física e Química.

Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato na EME da UVigo

Alumnado de Física e Química de 2º Bacharelato visita o CIQUS

Alumnado de 2º Bacharelato no CIQUS

Alumnado de 2º Bacharelato de Física e Química realizou unha visita didáctica ao edificio do CIQUS en Santiago de Compostela, durante a mañá do martes 19 de novembro. Este Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares (CiQUS) da USC forma parte da Rede de Centros Singulares de Investigación do Campus de Excelencia Internacional – Campus Vida e centra os seus obxectivos científicos na aplicación de estratexias transdisciplinares para a resolución de problemas cientificamente relevantes no  ámbito da química biolóxica e no desenvolvemento de novos materiais funcionais. Foron acompañados polo profesorado Sabela Sanromán e Jaime Oviedo. Esta actividade foi organizada polo departamento de Física e Química.

Alumnado 2º Bacharelato no CIQUS

Alumnado de 1º Bacharelato e 4º ESO en Galiciencia 2019

Alumnado de 1º Bacharelato e 4º ESO en Galiciencia 2019

Alumnado de 1º Bacharelato e 4º ESO visitou este venres 10 de maio o Parque Tecnolóxico de Galicia-Tecnópole, San Cibrao Das Viñas, Ourense, para estar en Galiciencia 2019. Alí viron a maior feira científica que se celebra en Galicia desde 2006, co obxectivo principal de achegar a ciencia á sociedade. Consiste na organización e desenvolvemento dun certame científico que ten como público obxectivo estudantes de Primaria, Secundaria, Bacharelato e que permanece aberto ao público xeral. A actividade foi organizada polo departamento de Física e Química.

Alumnado de 1º Bacharelato e 4º ESO en Galiciencia 2019

Distribuir contido


by Dr. Radut