Skip to Content

Concentración no IES de Valga contra o crime machista

A comunidade educativa do IES de Valga está convocada a unha concentración nas portas do centro mañá, martes, ás 12h30, como mostra de protesta perante o crime machista cometido hoxe. O alcalde da localidade, José María Bello Maneiro, e a concelleira de Educación, Carmen Gómez Pardal, van estar presentes no acto.

O IES de Valga manifesta a súa máis enérxica condena do asasinato de Sandra, Alba e María Elena e reitera o seu compromiso de continuar cun decidido traballo por unha igualdade real na nosa sociedade, coa consecuente erradicación de calquera forma de violencia contra as mulleres. O centro lembra con especial cariño a Alba Boquete Jamardo, na súa condición de ex-alumna e de logopeda, profesión que desenvolvía con xenerosidade axudando parte do alumnado do IES.

 



blog | by Dr. Radut