Skip to Content

Blogues

Servizos mínimos perante a convocatoria de folga para 30 de novembro de 2021

As organizacións sindicais Comisiones de Base e Solidaridad Obrera comunicaron a convocatoria de folga para o día 30 de novembro de 2021, que podería afectar as actividades lectivas do noso centro, e que se vai desenvolver desde as 0h00 horas do día sinalado até as 24h00 do mesmo día.

Perante esta convocatoria, e en previsión de que o persoal deste centro poida acollerse ao seu dereito á folga, estabelécense uns servizos mínimos para garantirmos a atención, a vixilancia e o coidado do alumnado, xa que o centro permanecerá aberto no seu horario habitual.

As persoas designadas para o cumprimento dos servizos mínimos determinados pola Consellaría de Educación son:

- Profesorado: Eliseu Mera Quintas, Ana Bueno Lema, Jesús López Silva, Beatriz Lloret Ares, Lara García Ozores, Paula Fernández Agrasar, Manuel Villar Touceda, Daniel Chelo Padín, Xosé Francisco Godón Davila, Carolina Álvarez Domínguez, Guadalupe Gómez Noya, José M. Barca López, Teresa Sumay Lobato, Vanessa Fernández Pampín, José L. Martínez Bestilleiro, Víctor González Zúñiga, Nieves Gómez Figueira, Luciano Rodríguez Arribas, Diego Yáñez Fernández, José L. García Rivas, Miguel López Ameneiros, Antonio Mirás Miranda, Ismael Pan Sande, César Gómez Montiel, Sara Escalera de la Iglesia e Nuria Casal Dablanca.

- Persoal de administración e servizos: Óscar Suárez Romarís, Mª Carmen Cortés Baños e Mª Carmen Paz Castaño.

Feliz ano novo!

Alcaldías da contorna visitan o noso centro

O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, xunto coa alcaldesa de Pontecesures, Maite Tocino Barreiro, e o seu homónimo catoirense, Xoán Castaño Conde, visitaron as instalacións do IES Plurilingüe de Valga interesándose nos proxectos que se están a desenvolver, como o Bacharelato de excelencia en ciencia e tecnoloxía (STEMBach), o programa Polos creativos ou a oferta de ciclos formativos.

Trátase dos representantes dos concellos de procedencia da maior parte do alumnado do centro. Foi a primeira visita dos primeiros edís de Pontecesures e de Catoira. Tocino Barreiro manifestouse "gratamente sorprendida" polo equipamento do instituto e da súa forte aposta pola innovación, mentres que Castaño Conde lembrou a necesidade de establecer unha nova liña de transporte para dar servizo ao alumnado do seu concello que desexe cursar o Bacharelato ou os ciclos formativos no centro valgués. Pola súa parte, Bello Maneiro reiterou a disposición do Concello para colaborar co centro en todo o que estea ao seu alcance.

Xunto cos primeiros edís, asistiu tamén o tenente alcalde de Catoira, Raúl Gómez Pato, e a concelleira de Educación de Valga, Carmen Gómez Pardal. O director do centro, Eliseu Mera Quintas, agradeceu a visita insistindo na necesidade de integraciòn dun centro de ensino estea conectado coa súa controrna e de interlocución cos seus representantes. Lembrou tamén que, no mes de xaneiro, vaise realizar unha xornada de portas abertas para alumnado e familias de 4º da ESO para poderen coñecer as instalacións e o proxecto educativo do IES Plurilingüe de Valga.

O director xeral de centros visita o noso centro e eloxia a "modélica" aposta pola innovación

 

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez Bértolo, visitou as instalacións do IES Plurilingüe de Valga, para mostrar o seu apoio "ao dinamismo do centro, como demostra a enorme cantidade de proxectos educativos en que está implicado". 

Álvarez Bértolo cualificou de "modélica" a aposta do centro polo uso das novas tecnoloxías en programas como o Bacharelato de Excelencia en Ciencia e Tecnoloxía (STEMBach), Polos creativos ou E-Dixgal, e o compromiso de formación demostrado nestes últimos cursos coas liñas adoptadas no marco do Plan de Formación Permanente do Profesorado.

O director xeral interesouse tamén pola proposta de aumento da oferta de ciclos formativos dado o gran peso do sector industrial da comarca do Ulla. O director do centro, Eliseu Mera Quintas, agradeceu a visita porque "é importante para a comunidade educativa que a administración mostre interese polo grande esforzo realizado nun centro pequeno como o noso, pois supón un estímulo para continuarmos nesta liña".

Ademais do director do centro, Álvarez Bértolo estivo acompañado polo alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, pola concelleira de Cultura, Carmen Gómez Pardal, así como pola vicedirectora e a xefa de estudos do instituto, Ana Bueno Lema e Vanessa Fernández Pampín.

Na imaxe, Eliseu Mera Quintas, Jesús Álvarez Bértolo e José María Bello Maneiro conversan con alumnado de 3º ESO na Sala de Música. 

 

 

 

 

 

 

Servizos mínimos perante a convocatoria de folga de 24 de outubro de 2023

 

Diversas organizacións sindicais comunicaron a convocatoria de folga para o día 24 de outubro de 2023, que afectará as actividades lectivas do noso centro, e que se vai desenvolver desde as 0h00 horas até as 24h00 do mesmo día.

Perante esta convocatoria, e en previsión de que o persoal deste centro poida acollerse ao seu dereito á folga, estabelécense unsservizos mínimos para garantirmos a atención, a vixilancia e o coidado do alumnado, xa que o centro permanecerá aberto no seu horario habitual. A ORDE do 17 de outubro de 2023 pola que se ditan normas que determinan os servizos mínimos durante a folga no ámbito do ensino público convocada para o día 24 de outubro de 2023 determina no seu artigo 1 que:

Terán a consideración de servizos mínimos para o persoal docente dos centros educativos públicos da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a dirección ou membro do equipo da dirección. Nos centros de menos de 6 unidades, o director poderá ser substituído por un membro do equipo docente. En todo caso, quedará garantida a apertura e o peche de todos os centros.

 

A persoa designada para o seu cumprimento é o director do centro: Eliseu Mera Quintas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut