Skip to Content

Novas

Buzón de Iniciativas

Axúdanos a millorar


 


 

 

 

Curtametraxe dos alumnos de Imaxe e Son, finalista no festival Olloboi

Os alumnos de Imaxe e Son, do profesor Manuel Torres, finalistas cunha curtametraxe no festival Olloboi... moita sorte.

Premios extraordinarios de Bacharelato

Como todos os anos, aquí tedes a convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato. Están dirixidos aos recentísimos graduados que acadastes unha nota media igual ou superior a 8'75. Tedes de  prazo ata o día 5 de xuño.

Non o vexades imposible, pois danse 20 premios de 1000. Ánimo.

Programación tecnoloxía 2019/20

Exames Extraordinarios de Setembro 2017

Nos seguintes enlaces tés os días e horas de realización dos Exames Extraordinarios de Setembro 2017.

Mes cultural

O mes cultural "Do libro ás letras" que organiza o EDLG do centro en colaboración coa Biblioteca terá lugar este ano, do 15 de Abril ao 26 de Maio. Se desexas ver o programa de actividades, preme no seu cartel.

CONCURSO CLIPMETRAXE

A Rede Solidaria do centro, xunto co Obradoiro de Cine, vóltanse a presentar ao concurso CLIPMETRAXES que gañaron o ano pasado. Moita sorte nesta nova edición!!!

Podes ver a nova curta no seguinte enlace.

Visita cultural a Santiago

O pasado xoves, 17 de decembro, o alumnado de 1º, 2º de ESO e o alumnado de relixión de 3º e 4º de ESO acompañado polas profesoras Amalia Pérez de Ciencias Sociais e María José Villaverde de Relixión, fomos de visita cultural a Santiago. Visitamos a Cociña Económica onde fixemos entrega dos alimentos recollidos entre alumnado e profesorado do IES, e despois fomos ao museo da catedral, interior e prazas que a rodean. Foi un moi interesante fin de trimestre.

Bo Nadal!

 

Muro contra a violencia de xénero

 
Grupo de 3ºB contribuíndo ó muro
 
 
 
O IES Campo de San Alberto celebrou o día mundial contra a violencia de xénero coa construción dun muro simbólico para rexeitar todo tipo de violencia, especialmente a que sofren as mulleres. 
 
 
 
Muro

 

 Outra das actividades que se levaron a cabo foi a elaboración de lemas contra a violencia de xénero por parte do alumnado e a gravación dun vídeo. En breve poderédelo ver.

Distribuir contido


by Dr. Radut