Skip to Content

ESO

Muro contra a violencia de xénero

 
Grupo de 3ºB contribuíndo ó muro
 
 
 
O IES Campo de San Alberto celebrou o día mundial contra a violencia de xénero coa construción dun muro simbólico para rexeitar todo tipo de violencia, especialmente a que sofren as mulleres. 
 
 
 
Muro

 

 Outra das actividades que se levaron a cabo foi a elaboración de lemas contra a violencia de xénero por parte do alumnado e a gravación dun vídeo. En breve poderédelo ver.

O IES Campo de San Alberto gaña o certame de curtas de Mans Unidas

 

O IES Campo de San Alberto gaña o certamen de curtas de Mans Unidas: Clipmetrajes.

Un grupo de alumnos do IES Campo de San Alberto de Noia ven de gañar a edición do Clipmetrajes a nivel galego organizado pola ONG Manos Unidas. O premio levaba aparellado unha viaxe para participar na Gala nacional en Madrid. O evento celebrouse no Cine Callao este pasado sábado 9 de Maio. Lucía Alcalde e María Creo nos dicían: "Traballamos moito e merecíamolo. Non gañamos en Madrid, pero outro ano será". 

 Nove alunmnos elaboraron dende Xaneiro ata Marzo unha curtametraje de fición co título "Apúntome". O protagonista da filme é un rapaz. Levántase pola maña, almorza e vai no coche co seu pai cara o instituto. Na radio escoitan unha noticia que lle fai deixar o móbil: 150 nenos foron asesinados nunha escola en Pakistán. Cando chega ao insti e llo conta os seus amigos, non lle gusta a resposta que obtén: "Home, eso pasa todo os días, xa sabes, neses países". Decide entón apuntarse e facer algo (podedes ver a curta e as fotos en: movienoia.weebly.com). 

O noso Centro participa un ano máis na campaña mundial pola educación

 Grupo de alumnos participantes

Orgullo de traballar polo Dereito á Educación de todas e todos.

 

Alumnado de 2º ESO visita o plató de " V Televisión"

  

Plató de V televisión

Alumnado de 2º da ESO  visitou os platós de V televisión e entrevistaron á célebre periodista e directora da cadena, Fernanda Tabarés.
O centro participa nun dos programas do Plan Proxecta da Consellería de Educación a través do cal se trata de desenvolver valores eo traballo por proxectos a través das TIC. "Rapazas emprendedoras nas TIC" é un programa de igualdade coordinado polo CESGA.(Centro de Supercomputación de Galicia)

Educación Secundaria obrigatoria

Educación secundaria obrigatoria Plan LOE Réxime xeral-ordinario

1ª ESO (Aula abalar, dotada con miniportátiles para cada alumna/o e pantalla dixital)
2º ESO (Aula abalar, dotada con miniportátiles para cada alumna/o e pantalla dixital)
3ª ESO
4º ESO

Distribuir contido


by Dr. Radut