Skip to Content

Visita a Santiago

 

No mes de xaneiro o alumnado de 1ºESO e 4ºESO asistiu en Santiago a unha actividade organizada polo departamento de galego e EDLG. En primeiro lugar visitaron na Cidade da Cultura a exposición sobre Castelao “Castelao Maxistral”. Despois, o alumnado de 4ºESO acudiu a San Domingos de Bonaval para ver e experimentar a exposición “Alba de Gloria” que recrea e explica o coñecido discurso de Castelao, o último que daría o célebre autor e intelectual de Rianxo. Mentras tanto o alumnado de 1ºESO fixo unha visita guiada polo casco antigo de Santiago acompañado da profesora Cristina Anido.Por último, o alumnado de 4ºESO participou nun obradoiro de regueifas no museo do Pobo Galego e o alumnado de 1ºESO nun obradoiro de oficios.



page | by Dr. Radut