Skip to Content

Alumnos de 2º da ESO gañadores do DXC Codes 2018

 Iago Ávila,Diego Creo e Pepe Palacios de 2º da ESO gañaron na categoría senior o concurso de programación en  Scratch para nenos  DXC  Codes co seu proxecto Galactic tournament.

Alumnos gañadores

 

 O Centro de Excelencia en Intelixencia de Negocio ( CEIN) de  DXC  Technology da Cidade da Cultura,organizador do concurso, acolleu o sábado 23 de xuño 2018, a entrega de premios. O premio consisteu nun diploma acreditativo e un mbot,un robot educativo para cada alumno gañador. Esta é unha iniciativa a nivel mundial de  DXC  Technology para fomentar vocacións no ámbito  STEM e este ano, por primeira vez, está organizado desde Galicia.

  Presentaron os seus traballos 51 nenos (16 nenas e 35 nenos, cun 31% de participación feminina), de colexios de toda Galicia (Santiago, Ferrol, Moaña e Noia).Finalistas do DXC Codes

 

Os mesmos alumnos foron finalistas no concurso organizado polo CPTIG,donde chegaron á segunda fase só 12 proxectos entre 72.

 

 

 



page | by Dr. Radut