Skip to Content

30 anos enriquecendo vidas, abrindo mentes

30 aniversario do programa Erasmus+

O noso compañeiro e profesor das Ensinanzas de Adultos, Suso Montero, participou na mesa de coordinadores de proxectos Erasmus+ para explicar ¿Cómo nos organizamos para participar en Erasmus+?.

Ao acto, celebrado en Albacete o pasado luns 9 de outubro, asistiron un centenar de coordinadores así como representantes do MEC, do SEPIE, da Comisión Europea e de diferentes comunidades autónomas.

Unha vez máis, o noso centro foi elixido coma exemplo de boas prácticas en proxectos europeos no sector da Educación de Adultos.



page | by Dr. Radut