Skip to Content

PROGRAMA A PONTE

ENCONTROS VIRTUAIS.

Programa A Ponte entre o Ensino Medio e a USC

Que non poidas visitarnos en persoa, non significa que non poidas coñecer o que a USC ten para ti: graos, laboratorios punteiros, instalacións deportivas, residencias e colexios maiores, cafeterías e comedores, unha ampla programación cultural, programas de voluntariado...

Pero para que poidas mergullarte neste pequeno cosmos universitario, nestas Xornadas poderás preguntar directamente todo o que precises sobre a vida na nosa universidade. 

Esperamos que este sexa o primeiro paso dunha nova experiencia vital. Adiante, asómate, pasa, investiga, toca, experimenta, pregunta… somos Zona USC.

Mais info nesta ligazón: https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais



page | by Dr. Radut