Actividades
TEATRO "SMOKE CITY"
Enviado por Anónimo o Lun, 28/10/2013 - 14:31O departamento de Orientación e Vicedirección organizan a asistencia á obra de teatro "Smoke City" da compañía Malasombra, que terá lugar no Centro Social Polivalente de Brión o 11 de novembro a 5ª e 6ª horas, para o alumnado de 1º e 2º de ESO |
VISITA BIBLIOTECAS
Enviado por Anónimo o Lun, 28/10/2013 - 12:49A Biblioteca organiza a visita á Biblioteca América e á Concepción Arenal en Santiago para o alumnado de Cultura Clásica e Latín de 4º de ESO
TEATRO DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO
Enviado por Anónimo o Xov, 10/10/2013 - 13:31O departamento de Lingua Galega e a Biblioteca organizan a asistencia á representación da obra "Touporroutou da lúa e o sol "de Roberto Vidal Bolaño para o alumnado de 1º de ESO, o día 10 de Outubro do 2013
CADERNOS DA VIAXE A ESTREMADURA
Enviado por Anónimo o Mar, 04/06/2013 - 01:13O alumnado de 4º de ESO creou uns cadernos da viaxe a Estremadura en diveros formatos, para manter no recordo a saída de final de etapa que realizaron no mes de Marzo. Presentamos unha pequena mostra da calidade, diversidade e curiosidade dos cadernos presentados.
ACTO DE REMATE DE CURSO DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO
Enviado por Anónimo o Mér, 29/05/2013 - 23:45O vindeiro xoves 30 de Maio, ás 20:00 horas terá lugar no IES de Brión un acto de remate de curso do alumnado de 2º de Bacharelato. Convídase a comunidade educativa do IES de Brión a despedir á promoción que remata esta etapa de ensino.
CONFERENCIA: "DEZ MIL RÍOS, DEZ MIL PROBLEMAS"
Enviado por Anónimo o Xov, 18/04/2013 - 23:23Este curso no IES de Brión estamos traballando sobre a auga, desde moi distintas perspectivas.
O vindeiro Martes, 23 de abril pola tarde, terá lugar a Conferencia "Dez mil ríos, dez mil problemas: masas de auga e cambio climático" a cargo de Fernando Cobo Gradín, profesor de Hidroloxía das Augas Continentais na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Queremos que este acto sexa aberto, polo que convidamos a participar a toda a comunidade escolar e ao público en xeral.
Ao mesmo tempo invitámosvos a ver os traballos, relacionados coa auga, que o alumnado deste centro foi realizando, e que se irán expoñendo até o final do curso.
A continuación presentamos algúns recursos na rede interesantes sobre a auga:
Proxecto elaborado polos departamentos de Xeografía e Historia, Tecnoloxía, Xeometría, Literatura e Ciencia do IES A Sangriña que trata da auga, as súas propiedades, estrutura, estados, ciclo,... dos ríos e as súas características,... das máquinas hidraúlicas tradicionais, da súa historia, funcionamento, partes, tecnoloxía, ...da literatura popular, paisaxística, refráns, ...xeometría. |
|
EXPOSICIÓN: LA ESFERA DEL AGUA Exposición do CSIC para introducir ao visitante no mundo da agua, desde as súas propiedades químicas ata o seu su papel na historia e na civilización humana. |
|
XESTIÓN DE AUGA Zona interactiva da web de Sotavento cun programa para comparar o consumo de auga no baño co uso de mecanismos eficientes. Tamén se fai un estudo do sistema de recollida de augas pluviais da vivenda bioclimática. |
|
USO CORRECTOS DA AUGA Animación flash sobre usos correctos da auga, creada polo Consocio do Principado de Asturias
|
CHARLA: "RADIACIÓN DE TELÉFONOS MÓBILES E SAÚDE"
Enviado por Anónimo o Mar, 02/04/2013 - 22:54
Os departamentos de Bioloxía e Tecnoloxía organizaron para o alumnado de 3º e 4º de ESO a Charla do divulgador científico Xurxo Mariño que leva por título " Radiación de teléfonos móbiles e saúde", o 9 de Abril. Na conferencia introdúcese ao alumnado sobre as catro forzas fundamentais do universo, a electromagnética, a gravidade e as forzas nucleares, forte e débil, centrándose sobre todo en como nos afectan aos seres vivos. Tamén se explicou a diferencia entre radiación ionizante e non ionizante e como a radiación dos móbiles pertence ao segundo grupo, para continuar aportándonos o coñecemento contrastado que na actualidade temos sobre os efectos das radiacións dos móbiles sobre a saúde. Para máis información sobre a conferencia entra no Blog de Ciencia Contemporánea e blog de Tecnoloxía do IES de Brión. |
|
Xurxo Mariño é profesor do departamento de Medicina da Universidade da Coruña e membro do grupo Neurocom. A actividade forma parte do programa Divulga na escola que organiza a Asociación Galega de Comunicación e Divulgación Científica e Tecnolóxica. |
EFICIENTIC: EFICIENCIA ENERXÉTICA E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN
Enviado por Anónimo o Mar, 05/03/2013 - 23:11Os departamentos de Tecnoloxía, Bioloxía e Física organizan a participación do alumnado de 4º de ESO na Xornada de EFICIENTIC en Vigo.
Dende a imaxe podes acceder ás imaxes do alumnado do IES de Brión na xornada de EficienTIC
EFICIENTIC é un proxecto de divulgación científica que consiste nun conxunto de actividades e talleres co obxectivo de difundir e divulgar os conceptos básicos e as tecnoloxías máis innovadoras das áreas nas que traballan EnergyLab ( Centro tecnolóxico de Eficiencia e sustentabilidade enerxética) e Gradiant ( Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia), que son as áreas de Eficiencia Enerxética e das Tecnoloxías da Información e Comunicacións.
O programa da xornada consta de:
- Charla para introducir os aspectos fundamentasi sobre as TIC e a Eficiencia Enerxética e actividades iniciais.
- Talleres:
- Xeración de enerxía pedaleando
- Illamento
- Recoñecemento facial e consellos de aforro no consumo dos computadores
- Hidróxeno para a mobilidade
- Energy Harvesting
- Xeración de enerxía a partir de cambios de temperatura
- Auditoría enerxética
EFICIENTIC na TVG
VISITA DE 1º ESO B AO CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL DE A BARCIA
Enviado por admin o Mér, 09/05/2012 - 13:26Os alumnos de 1º ESO B visitaron o día 26 de Abril o centro de educación especial de A Barcia acompañados polo seu titor e pola orientadora do noso centro.
Dentro do traballo de " aprender a diversidade " feito na titoría e na asignatura de Proxecto Interdisciplinar buscamos coñecer outras realidades, outras experiencias que nos enriquezan e nos axuden a medrar como persoas.
Xogamos un partido de fútbol con equipos compostos por membros de ámbos centros, foi moi divertido. Fixemos xogos e compartimos uns bocadillos. No salón de actos presenciamos un par de actuacións que os anfitrións prepararon con moita ilusión. Para rematar coñecimos as instalacións do centro.
Os compañeiros de A Barcia fixeron esta montaxe que nos amosa como foi este día tan especial, esperamos que vos guste.
MOSTRA DE ENSINO
Enviado por Anónimo o Mér, 11/04/2012 - 12:33O departamento de orientación organiza a visita á Mostra do ensino Galicia 2012 o 11 de Abril para o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato que ten lugar no recinto feiral de EXPOCoruña, coa finalidade de presentar á comunidade educativa e á sociedade en xeral os cambios que se están a promover no sistema educativo de Galicia.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- …
- seguinte ›
- última »