Actividades

VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA

20/01/2015 08:45
20/01/2015 11:30

O departamento de Filosofía e dinamización linguística organiza a visita ao Parlamento de Galicia para o alumnado de 2º de ESO o martes, 20 de xaneiro de 8:45 a 11:30 hora

XOGOS POPULARES

XOGOS POPULARES NO IES DE BRIÓN

Data: Martes, 11/11/2014 de 16:15 a 17:55

Grupos: 1º e 3º de ESO

Organización:

Alumnado de 3º de ESO

  • Serán os encargados do desenvolvemento da actividade e de explicar o regulamento dos xogos.

    • O alumnado distribuirase en grupos de 4 ou 5.

    • Cada grupo estará identificado cun sinal identificativo que levará o coordinador pegado nun peto.

    • Cada grupo permanecerá durante toda a actividade desenvolvendo o seu xogo.

Alumnado de 1º de ESO

  • Serán os que realizarán os xogos baixo a supervisión do alumnado de 3º de ESO.

    • O alumnado distribuirase en grupos de 4 ou 5.

    • Cada grupo permanecerá un tempo nun xogo e logo irá rotando.

Profesorado

  • Departamento de Normalización Lingüística, Departamento de Educación Física, Vicedirección, Orientación e Profesorado titor dos grupos correspondentes.

Documentación

V DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

05/11/2014 12:00

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística en colaboración co departamento de Tecnoloxía organizan a Videoconferencia " A ciencia da programación de ordenadores (tamén en galego)" impartida por Manuel Caeiro Rodríguez, para o alumnado de 4º de ESO e o alumnado que curse a materia de TIC en 1º de Bacharelato.


A videoconferencia terá lugar o mércores 5 de novembro de 12:00 a 13:00 horas na aula de usos múltiples do IES de Brión e responde á proposta da Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización e Dinamización Linguística de celebración do V día da Ciencia e Tecnoloxía en Galego.

Manuel Caeiro Rodríguez é doutor en Enxeñaría de Telecomunicación e profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións na Universidade de Vigo.  Responsable da rede TELGalicia sobre innovación educativa e da aplicación.


SAÍDA AO COUREL

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía organiza unha saída ao Courel do 29 de outubro ás 16:30 ao 31 de outubro  ás 21:00 horas para o alumnado de Ciencias da Terra de 2º de Bacharelato e Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato.

Na actividade están programados roteiros e a visita á estación botánica e museo xeolóxico de Quiroga

VISITA AO CASTRO DE SAN CIBRAO

Os departamentos de Lingua Galega e Latín, organizan a visita ao Castro de San Cibrao de Las e Ribadavia para o  martes 28 de outubro de 9:15 a 18:00 horas para o alumnado de 3º de ESO.

VISITA A SOTAVENTO

Os departamentos de Tecnoloxía e Bioloxía organizamos a visita ao Parque eólico experimental de Sotavento para o alumnado de 3º de ESO o pasado día 17 de outubro, para o estudo das enerxías renovables e coñecer o funcionamento dunha vivenda bioclimática.

ACTO DE DESPEDIDA 2º BACHARELATO

Acto de final de curso
2º de Bacharelato: promoción 2013/14
Encontro das promocións de Bacharelato: 2009/10, 2010/11 e 2011/12
Salón de actos do IES de Brión
Venres 13 de xuño, ás 19:00 horas

O venres día 13 de xuño ás 19:00 horas terá lugar na aula de usos múltiples do IES de Brión un acto de remate de curso para o alumnado de 2º de Bacharelato e as súas familias.

Tamén están convocados a esta xuntanza os alumnos e alumnas das tres primeiras promocións (2009/10, 2010/11 e 2011/12) de Bacharelato do instituto.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

As actividades programadas de conmemoración do día das Letras Galegas, en colaboración co Concello de Brión son:

  • "DÚAS LINGUAS, UNHA HISTORIA", o 12 de maio ás 11:15 para 1º de ESO
  • "CONTOS LITERARIOS", o 19 de maio, ás 11:20, para 2º de ESO
  • "NIMBOS", o 21 de maio, ás 11:20, para 4º de ESO e 1º de Bacharelato

Para máis información sobre as actividades, preme na seguinte ligazón

SOBRE GALICIA INDUSTRIAL

O IES de Brión acolle desde o 22 de abril ata o 6 de maio a exposición "Sobre Galicia Industrial".

A exposición forma parte do proxecto Intercentros de de educaBarrié do 2013, "Sobre Galicia Industrial" , que xorde a partir da exposición orixinal  da Fundación Barrié  "Galicia Industrial". Galería de imaxes da exposición orixinal. Documental da exposición "Galicia Industrial"

Para máis información sobre o proxecto podes ver o seguinte vídeo:

SAÍDA EDUCATIVA FIN DE ETAPA

27 alumnos e alumnas de 4º ESO participan este ano na saída educativa fin de etapa.

Comezaron a súa viaxe o pasado sábado 5 de abril, e voltarán o vindeiro venres 11.

Visitarán Salamanca, Ávila, Toledo e Segovia.

Vista do embalse de Aldeadávila, Aldeadávila de la Ribera, Salamanca. Situado no Parque Natural de Arribes del Duero.

Vista das torres da fachada da Universidad Pontificia de Salamanca dende o patio interior da Casa de las Conchas

Distribuir contido