Actividades

DÚAS LÚAS

O venres día 17 de novembro ás 20:00 h, preséntase no IES de Brión a curta "Dúas lúas".

ALICIA

Alicia from IES de Brión on Vimeo.

"Alicia" é unha curtametraxe realizada no Taller de Cine o pasado curso 2015/16. Trátase dunha adaptación dun microrrelato de Patricia Sánchez Petruk. Desta volta sacamos a cámara do instituto e aventurámonos a traballar con nenos. Este traballo foi concibido e realizado integramente polo alumnado participante (guión, gravación, montaxe, música…). Ademais contamos coa axuda de moitas outras persoas que contribuíron a facer realidade este proxecto. Grazas a todas elas.

Save

Save

Save

Save

Como se fixo from IES de Brión on Vimeo.

JUVENES TRANSLATORES

Este ano 2016, o IES de Brión volve participar no concurso anual de tradución convocado pola Comisión Europea para promover a aprendizaxe  das linguas da UE e o entendemento entre culturas, no que a tradución xoga un papel central.

Haberá un ganador entre os nosos cinco concursantes? Saberémolo en febreiro. Sorte!

Para máis información:

http://ec.europa.eu/translatores/index_es.htm

https://www.facebook.com/translatores

Save

ACTIVIDADE DE FIN DE CURSO

O pasado 21 de xuño puidemos disfrutar dunha xornada de fin de curso organizada por alumnado de 4º ESO na que se desenvolveron diferentes obradoiros e que se pechou cun fabuloso concerto.

Save

8 de marzo, día da muller traballadora

Hoxe é 8 de Marzo, día da Muller, e Raquel O. Brea e Miguel B. Lesta fixeron unha vídeo-homenaxe coa fin de celebrar o día, recopilando o esforzo de varias persoas por reproducir a situación da muller na sociedade actual.

VISITA Á EXPOSICIÓN "CARTEIS 1970-2014"

O alumnado de 4º ESO coa materia de Educación Plástica e Visual visitou o xoves 25 de febreiro a exposición "Carteis 1970-2014" de Xosé Vizoso na Sala de Exposicións Municipal da Casa da Cultura de Brión.

Esta visita foi moi especial xa que o propio artista recibiu ao alumnado. Unha oportunidade extraordinaria para aproximarse á obra cartelística deste polifacético artista mindoniense afincado en Brión.

Logo de realizar un percorrido pola mostra explicando os aspectos máis relevantes dalgús dos carteis expostos, Vizoso mantivo unha conversa cos estudantes aos que amosou bosquexos e apuntes da súa obra.

Vizoso falou dos personaxes que aparecen nos seus carteis, de composición, de tipografía, pero sobre todo de ganas e traballo, moito traballo, para conseguir realizar unha obra que exprese con intensidade o tema que un está a desenvolver.

Grazas Vizoso polo teu tempo.

OBRADOIRO DE SERIGRAFÍA 4º ESO

O mércores 24 de febreiro o alumnado de 4º ESO coa materia de Educación Plástica e Visual desenvolveu un obradoiro intensivo de serigrafía dirixido por Andrea Fernández de La Platanera. Ao longo de dez horas de traballo o alumnado puido aproximarse aos diferentes aspectos desta técnica, elaborando as súas propias imaxes dende a realización de fotolitos e pantallas ata a estampación seriada sobre téxtil cartolina, cartón e madeira.

O MOSTEIRO DE OSEIRA. A CULTURA MONACAL

O alumnado de Lingua Galega de 1º de Bacharelato e o de 2º que cursa Arte ou Literatura Universal, tivo a oportunidade de achegarse á cultura monacal en Galicia in situ coa visita a un dos mosteiros galegos de máis sona: Oseira.
No interior do mosteiro visitamos con guías a igrexa cisterciense, o refectorio, a sala capitular ou sala das palmeiras, a acolledora biblioteca, a famosa escaleira pétrea, os claustros de diferentes estilos e algunhas estancias especializadas en traballos monacais diversos coma a botica, o scriptorium, o museo etnográfico da pedra, etc.
Nunca hai que esquecer un breve paso pola tenda dos monxes para degustar algunha delicatessen irresistible coma o chocolate, as pastas, os queixos ou os licores.
Moit@s picamos!

VISITA CULTURAL AO MOSTEIRO DE OSEIRA

O martes 23 de febreiro o alumnado de 1º de Bacharelato e de 2º de Bacharelato que cursa Literatura Universal  visitará o Mosteiro de Oseira (igrexa, claustros, sala capitular e biblioteca) na actividade organizada polos departamentos de Lingua Galega e Xeografía e Historia.

A actividade desenvolverase de 8:25 a 14:05 h.

OBRADOIRO DE SERIGRAFÍA 3º ESO

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O martes 16 de febreiro de 2016 o alumnado de 3º ESO participou nun obradoiro de serigrafía impartido por Andrea Fernández de La Platanera.

A sesión teórico-práctica desenvolvida introduciu ao alumnado nesta técnica de impresión a trávés dunha demostración das diferentes fases do proceso.

Os/as alumnos/as realizaron cadansúa serigrafía que puideron complementar e personalizar cuns selos tallados en goma con técnicas xilográficas.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Distribuir contido