Actividades

VISITA Á CASA DAS CIENCIAS, MUNCYT E ACUARIO

Os departamentos de Ciencias da Natureza e Tecnoloxía organizamos na cidade de A Coruña as visitas a:

para o alumnado de 2º de ESO, o martes, 1 de abril do 2014, de 8:30 a 17:55 horas

VISITAS A CENTROS DE INVESTIGACIÓN

O alumnado de Ciencias de Bacharelato visita durante esta semana varios centros de investigación do Campus Vida da Universidade de Santiago de Compostela:

  • O alumnado de Tecnoloxía Industrial I, o 19 de marzo visita o CITIUS ( Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías da Información) e o  CIQUS ( Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares)
  • O alumnado de Bioloxía de 1º e 2º de Bacharelato, visita o 21 de marzo o IDIS ( Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela)

VISITA AO CIFP POLITÉCNICO DE SANTIAGO

13/02/2014 10:05

O departamento de Orientación organiza a visita ao CIFP Politécnico de Santiago para coñecer os Ciclos de FP ofertados no centro, para o vindeiro 13 de febreiro do 2014, dentro da Semana de Portas Abertas

Fonte: CIFP Politécnico

EXPO METEORO

Estes días contamos no Instituto coa exposición " EXPO METEORO" unha exposición de meteoroloxía realizada por Meteogalicia, con  paneis onde se explica a diferenza entre tempo e clima, os
factores que determinan o tempo, as magnitudes e aparellos para medilo, a
predición do tempo, as nubes, a lingua relacionada co tempo...

CONFERENCIA: "ORIXE E CONSECUENCIAS SOCIAIS DA CRISE ECONÓMICA"

06/02/2014 11:15
06/02/2014 12:05

O vindeiro 6 de febreiro Jaime Barreiro Gil, profesor de Historia e Instituciones Económicas da Universidade de Santiago de Compostela,impartirá para o alumnado de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato unha conferencia sobre a "ORIXE E CONSECUENCIAS SOCIAIS DA CRISE ECONÓMICA", entre as 11:15 e as 12:05 horas, na aula de usos múltiples do instituto.

EDUCACIÓN AFECTIVO SEXUAL

18/12/2013 12:25
19/12/2013 14:05

O departamento de Orientación organiza unha actividade de educación afectivo sexual con monitores da Cruz Vermella para o alumnado de 4º de ESO. A actividade desenvolverase no centro coa seguinte programación:

  • mércores, 18 de decembro, de 12:25 a 14:05
  • xoves, 19 de decembro, de 12:25 a 14:05

QUÉROTE+

16/12/2013 10:25
18/12/2013 14:05

O departamento de orientación organiza o programa Quérote+, sobre educación afectivo sexual no que se tratarán temas de convivencia, imaxe corporal es sexualidade, dentro do Plan Proxecta, para o alumnado de 3º de ESO os días 16, 17 e 18 de decembro coa seguinte programación:

  3º A e 1º PDC      3º B
luns, 16 de decembro 10:25 a 12:05 12:25 a 14.05
martes, 17 de decembro 10:25 a 12:05 12:25 a 14.05
mércores, 18 de decembro 10:25 a 12:05 12:25 a 14.05

 

A actividade terá lugar na aula de usos múltiples do instituto

CONFERENCIA: O CAMBIO CLIMATICO

05/12/2013 09:15
05/12/2013 10:05

O Departamento de Ciencias Sociais organiza unha conferencia sobre o cambio climático impartida por Pablo Meira (profesor da USC) para o alumnado de 3º da ESO na aula de usos múltiples o 5 de decembro de 2013 a 2ª hora (de 9:15 a 10:05).

CONFERENCIA SOBRE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

29/11/2013 12:25
29/11/2013 14:00
O equipo de normalización e dinamización lingüística organiza a conferencia do profesor Manuel Quintáns sobre a figura e obra de Roberto Vidal Bolaño o venres, 29 de novembro do 2013 de 12:25 a 14:00 horas, na aula de usos múltiples, para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.

ENERXÍAS RENOVABLES EN SOTAVENTO

03/12/2013 08:35
03/12/2013 17:30

Os departamentos de Bioloxía e Tecnoloxía organizan a visita ao parque eólico experimental de Sotavento para o alumnado de 3º de ESO o vindeiro martes, 3 de decembro do 2013. O parque eólico da a coñecer as enerxías renovables, contando con:

 

  • Maquetas e equipos enerxéticos: pila de combustible, enerxía eólica, hidráulica, solar, aforro e eficiencia enerxética.

  • Instalacións reais: enerxía eólica, solar térmica e fotovoltaica.

  • Paneis explicativos: todas as enerxías renovables, aforro e eficiencia.

  • Vivenda bioclimática: Proxecto Cooperativo Científico Tecnolóxico, Singular e de Carácter estratéxico de Demostración da viabilidade Técnica e Económica do uso Eficiente da Enerxía na Edificación ENVITE.

Distribuir contido