Actividades

TALLER DE INTRODUCIÓN Á PROGRAMACIÓN

O día 15 de outubro tivo lugar no IES de Brión a actividade "Talleres de introdución á programación", para o alumnado de 2º e 3º de ESO dentro do programa DÍA DO CÓDIGO NO TEU COLE. EDUCAR PARA INNOVAR, da SEMANA EUROPEA DA PROGRAMACIÓN, organizada pola Deputación da Coruña, a UDC e Europe Direct.

A nova na prensa:

El Correo gallego, publicou: "A semana europea da programación busca desde Brión talento"

Código cero, publicou: "Un cento de estudantes de Brión metéronse de cheo na programación"

O IES de Brión participa na "I Competición de Robots" da EEI da Universidade de Vigo

  

.

O venres 24 de abril tres equipos do IES de Brión, formados por alumnado de Tecnoloxía e Informática de 4º de ESO e TIC de 1º de Bacharelato, participarán na "I Competición de Robots" organizada pola Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.

Na competición participarán un total de 100 equipos de toda Galicia.

Alumnado viaxeiro

Blog da viaxe fin de etapa de 4º de ESO.

Blog do alumnado viaxeiro do IES de Brión

No blog inclúese unha galería de fotos do grupo na viaxe.

Obradoiro de cociñas solares

O día 23 de marzo desenvolveuse no IES de Brión un obradoiro sobre cociñas solares. Esta actividade enmárcase no ciclo de charlas e obradoiros organizados polo CEIP de Pedrouzos arredor do Día da Muller, e na celebración do Ano Internacional da Luz.

Neste obradoiro alumnado de 3º de ESO e 1º de Bacharelato que cursa as materias de Tecnoloxía Industrial e Debuxo Técnico, explicou ao alumnado de 6º de primaria o funcionamento das cociñas solares. Trataron aspectos relativos ao deseño, á construcción, ao aproveitamento enerxético e as dimensións socioeconómica e medioambiental.

A partir das cociñas construídas no centro nos cursos 2009/10 e 2012/13, o alumnado de primaria tivo a oportunidade de construír o seu propio reflector.

Paralelamente, e a pesar do pouco que se deixou ver o Sol nesta mañá da recén estreada primavera, fíxose unha demostración do funcionamento deste tipo de cociñas, fervendo auga e... cocendo un ovo!

CHARLA TEMÁTICA" O BOSÓN DE HIGGS"

05/03/2015 12:25

O departamento de Física e Química e Vicedirección organizan a charla temática " O bosón de Higgs" dentro do Programa  A Ponte da USC o vindeiro 5 de marzo de 12:25 a 13:15 horas, para o alumnado de 1º e 2º  de Bacharelato e 4º A

OBRADOIRO QUÉROTE+

O departamento de Orientación organiza un obradoiro Quérote+ de educación afectivo-sexual para o alumnado de 3º de ESO o 27 de febreiro na sala de usos múltiples. O obradoiro desenvólvese no seguinte horario:

10:25 a 12:05 para o alumnado de 3º A e PDC

12:25 a 14:05 para o alumnado de 3º B

OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA

11/02/2015 10:05
11/02/2015 19:00

O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía organiza a participación na fase galega da VI Olimpíada de Xeoloxía para alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato o día 11 de febreiro de 2015 de 10:05 a 19:00 horas.

ALUMNADO DE 4º PARTICIPA NO 7º OBRADOIRO-CONCURSO GALEGO DE ROBÓTICA

02/02/2015 16:00
02/02/2015 18:00

Un grupo de alumnos/as de 4º de ESO de Tecnoloxía, participa no 7º obradoiro-concurso galego de robótica, organizado por Igaciencia e a Fundación Barrié.

A participación do alumnado do noso instituto terá lugar o vindeiro luns 2 de febreiro de 16:00 a 18:00 horas na sede da Fundación Barrié en A Coruña.

    7º obradoiro e concurso galego de robótica

Información sobre a actividade vía: educaBarrié

A nova na prensa:

VISITA A FACULTADES DA USC

04/02/2015 09:30
04/02/2015 14:05

O departamento de Orientación organiza a visita a distintas facultades da Universidade de Santiago de Compostela situadas no Campus Vida e no Campus Norte o vindeiro mércores 4 de febreiro de 9:30 a 14:05, para o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato.

VISITAS CULTURAIS

29/01/2015 08:30
29/01/2015 16:30

Os departamentos de Lingua Castelá e Biblioteca organizan:

para o alumnado de 4º de ESO: 4º A, 4º B e 2º PDC, o xoves, 29 de xaneiro de 8:30 a 16:30 horas

Distribuir contido