Actividades

ROTEIRO DE ROSALÍA

Enviado por Suso Sambade o Mér, 18/02/2009 - 13:12

Aquí tes información sobre o Roteiro de Rosalía de Castro.

Ver Roteiro

CONCERTO JAZZ SANTIAGO

Enviado por centro o Mér, 11/02/2009 - 15:08
17/02/2009 00:30
17/02/2009 14:00

O alumnado de 3º de ESO desplázase ao Auditorio de Galicia ao concerto Jazz Santiago na actividade organizada polo departamento de Música do IES de Brión.

11/02/2009 00:35
11/02/2009 13:15

O departamento de Bioloxía organiza os obradoiros do programa de acción educativa dentro da Campaña de educación ambiental do IES de Brión.

Os obradoiros impártense o 11 de Febreiro nas aulas do instituto co seguinte programa:

2ª hora: 4ºA 4ºB 4º PDC Obradoiro de elaboración de materiais substitutos aos produtos tóxicos do fogar

3º hora: 1º A 1ºB Obradoiro de fabricación de xoguetes a partir de resíduos

4º hora 2º C 2ºB Obradoiro sobre resíduos e consumo

5º hora 2º A 1ºC Obradoiro sobre resíduos e consumo/Obradoiro de fabricación de xoguetes a partir de resíduos

FORUM ORIENTA 2009.

Enviado por Anónimo o Lun, 19/01/2009 - 11:35
12/02/2009 00:00

Visita do alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato ao Forum Orienta 2009 en A Coruña.

http://www.forumorienta.es/

20/01/2009 16:15
20/01/2009 17:30

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES de Brión organiza a charla do xeólogo Francisco Anguita para o alumnado de 1º de Bacharelato e de Bioloxía de 4º da ESO na Sala de usos múltiples do instituto.

O martes día 20 de Xaneiro o IES de Brión contará coa presenza do xeólogo Francisco Anguita que se dirixirá a alumnado de Bacharelato e de 4º ESO. Ás 16:15 h vai ter lugar unha charla que leva por título: “Del Big Bang al cambio climático; ¿que hacen ahora los científicos”.

Francisco Anguita foi profesor da Universidade Complutense de Madrid durante moitos anos, así como profesor invitado en Universidades como a de Zaragoza e outras en México e Arxentina. Experto en Vulcanoloxía, Historia da Terra e Xeoloxía Planetaria. Interesado tamén na docencia; fundou a AEPECT (Asociación Española Para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra) que conta con máis de 1000 socios en España, Portugal e Latinoamérica.

Ten numerosos libros publicados entre os que destacaremos: “Biografía de la Tierra”, “Historia de Marte: mito, exploración y futuro” e “Crónicas del Sistema Solar” que son de carácter divulgativo, ademais de outros que son verdadeiros tratados científicos; tamén publicou numerosos artigos de investigación e participou en expedicións naturalistas.

Máis información:

http://mas-alla-de-somosaguas.blogspot.com/2008/10/divulgadores-excepcionales-francisco.html

http://www.enciga.org/congreso/2004/curriculum_vitae_Anguita_Virella_Francisco.pdf

http://recursos.cnice.mec.es/biosfera/publico/entrevista_anguita.htm

http://climantica.org/climanticaTV/es/entry/20081216

PROGRAMA DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS "CINENSINO"

Enviado por centro o Mar, 02/12/2008 - 14:29
05/12/2008 11:40
05/12/2008 14:00

O departamento de orientación organiza para o alumnado de 1º de ESO a asistencia á proxección da película "Los seis signos de la luz" na Casa da Cultura de Bertamiráns dentro do programa de prevención de drogodependencias "CINENSINO".

TEATRO E AMIZADE

Enviado por admin o Ven, 28/11/2008 - 01:13

Queremos agradecer a todas as persoas que compartiron con nos o pracer de escoitar esta tarde-noite a Manuel Lourenzo, Rubén Ruibal e Alberte Álvarez, recordando a quen foi o seu amigo, o dramaturgo Roberto Vidal Bolaño. Queremos agradecer a súa presenza na mesa a Manuel Lourenzo, Rubén Ruibal, Alberte Álvarez e ao noso compañeiro Suso Sambade. Grazas especialmente a Belén Quintáns por, entre outras cousas, compartir con nos esta tarde-noite de teatro e amizade.

XOGOS POPULARES

Enviado por admin o Dom, 23/11/2008 - 18:57

 

TARDE DO MARTES, 25 DE NOVEMBRO

16,15 H.

O alumnado de 1º e 2º de ESO asistirá a unha breve charla sobre os xogos na sala de usos múltiples.

O alumnado de 3º e 4º de ESO quedará no patio, onde comezará a participar nos diferentes xogos que dirixirá o alumnado de bacharelato.

16,40 H.

O alumnado de 1º e 2º de ESO dirixirase ao patio, onde comezará a participar nos diferentes xogos que dirixirá o alumnado de bacharelato.

O alumnado de 3º e 4º de ESO asistirá á charla sobre os xogos na sala de usos múltiples.

17,05 H.

Todo o alumnado estará no patio participando nos diferentes xogos.

MESA REDONDA AO REDOR DA FIGURA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Enviado por admin o Dom, 23/11/2008 - 18:27

O vindeiro xoves día 27 de novembro, ás 20:00 horas, na aula de usos múltiples, terá lugar unha mesa redonda ao redor da figura de Roberto Vidal Bolaño.

Participarán na mesa:

- D. Manuel Lourenzo (dramaturgo, director e actor de teatro).
- D.
Rubén Ruibal (dramaturgo e actor, entre outras cousas).
- D. Alberte Álvarez Escudero (técnico de cultura do Concello de Brión).

Moderará a mesa o profesor Suso Sambade (coordinador do Departamento de Normalización Lingüística).

BITÁCORA DO PROXECTO INTERDISCIPLINAR

Enviado por admin o Mar, 04/11/2008 - 17:50

No IES de Brión, os alumnos de 1º da ESO van de viaxe virtual en pequenos grupos a un país de fala inglesa ou francesa. Nos seus blogs, que irán construíndo ó longo do curso, poderedes ver todos os preparativos da viaxe e os descubrimentos que vaian facendo. Voade con nós!

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
Drupal theme by Kiwi Themes.