MOSTRA DE ENSINO
Enviado por Anónimo o Mér, 11/04/2012 - 12:33
O departamento de orientación organiza a visita á Mostra do ensino Galicia 2012 o 11 de Abril para o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato que ten lugar no recinto feiral de EXPOCoruña, coa finalidade de presentar á comunidade educativa e á sociedade en xeral os cambios que se están a promover no sistema educativo de Galicia.