Skip to Content

Extraescolares

Actividades que se realizan fora do ambito académico

Xornada de formación: mundo empresarial do mantemento de vehículos

19/04/2017 09:10
Etc/GMT+1

O pasado 19 de abril tivo lugar no IES A Sangriña unha xornada de formación para amosar aos alumnos novos procesos de traballo e oportunidades de negocio referentes ao mundo de mantemento de vehículos.

Dúas foron as actividades que se levaron a cabo.

Rubén Lopez, restaurador de motos da localidade de Mañufe, amosou aos alumnos os procesos técnicos de restauración e o difícil que é atopar profesionais cualificados para desempeñar estes labores. Tamén explicou como se realizan os procesos técnicos e o plan de empresa preciso para levalos adiante.

A segunda actividade foi impartida por un antigo alumno do Ciclo de Carrozaría, Neo Treinta, que foi o encargado de mostrar ao alumnado os segredos da técnica de hidroimpresión e as posibilidades que este traballo ten.

O alumnado gozou vendo as novidades, e o interese polas actividades foi moi alto. Estas actividades englóbanse dentro da promoción dos Ciclos Formativos do IES A Sangriña. Lembremos que o alumnado de Automoción goza dunha colocación laboral pos-titulación do 63%, conta con grande aceptación na comarca e é piar do desenvolvemento profesional do Baixo Miño.

Urban Art Project

21/04/2017 10:00
Etc/GMT+1

Urban Art Project é un proxecto interdisciplinar da Sección Bilingüe de 3º ESO do IES A Sangriña, coordinado polos profesores Beatriz Nuñez (Plástica), Alfredo Garrido (Música) e Rosana Moreira (Inglés). Ten como obxectivo implicar o alumnado na vida económico-social da súa vila a través da arte. O proxecto comprende a elaboración dun grafitti mural de benvida á Guarda e un vídeo promocional da vila, para o cal o centro conta coa axuda de Brais Martínez Villa.
No proxecto, contamos tamén coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello da Guarda.

Un proxecto con varias fases.

Agora, coa realización deste mural, completamos a primeira fase. Coa elaboración do graffiti completamos a primera fase do proxecto, que tivo o seguinte proceso: primeiro visitamos a ruta dos graffitis en Vigo "Vigo, cidade de cor". Acompañounos o artista Ramón Trigo, que lle explicou ao alumnado todo o proceso creativo do seu mural. O seguinte paso foi un encontro no noso centro coa concelleira de Cultura, Elena Baz, quen lle explicou a rapazas e rapaces participantes a importancia deste proxecto para o Concello e animounos a traballar con ilusión.
Agora, coa realización deste mural, completamos a primeira fase do proxecto. 

Dragóns de Senegal (Contos do mundo)

28/03/2017 09:10
Etc/GMT+1
El dragón que se comió el sol e Yimilimuli y el dragón son dous contos senegaleses que o alumnado de Lingua Castelá de 2º de ESO bilingüe, acompañado da súa profesora Isabel Rodríguez, lle foi contar ao grupo de 5º A de Primaria co CEIP, dentro do proxecto Contos do mundo, coordinado por ambas as dúas bibliotecas.

Velaquí as fotos, cedidas polo CEIP. Máis información en BiblioPepiño.

A Sangriña, subcampioa galega no Rally Matemático

30/03/2017 12:00
Etc/GMT+1

Celebrouse a final galega do Rally matemático Sen Fronteiras o pasado xoves na facultade de Química, en Santiago de Compostela. O equipo que representaba o IES A Sangriña, conformado por alumnas e alumnos de 1° de ESO, quedou na segunda posición, no posto de subcampión. O primeiro posto foi para o IES Rosalía de Castro, de Compostela, e o terceiro para CPR San Fermín, de Caldas de Reis.
O noso equipo fíxoo xenial e apenas unhas décimas o separou do campión. Parabéns ao grupo!

Distribuir contido


by Dr. Radut