Skip to Content

Extraescolares

Actividades que se realizan fora do ambito académico

ACAMPADA NAS CÍES

O alumnado de 1º de ESO marchou de acampada de fin de curso a semana pasada ás Illas Cíes. Andainas, baños nocturnos e observación de estrelas foron algunhas das actividades. Un planazo!

Alumnado de Ciclos visita UNVI e OREMBEr

O alumnado dos ciclos de Automoción e de Administrativo realizou unha saída a Ourense o pasado 14 de decembro, para visitar a empresa UNVI (punteira a nivel internacional na fabricación de autobuses) e tamén a factoría de OREMBEr do grupo madereiro FINSA. A mediodia o alumnado e profesorado comeu na cidade de Ourense, e xa pola tarde tiveron a oportunidade de deleitarse no Complexo termal de Prexigueiro en Ribadavia. Desde os departamentos de automoción e administrativo queren agradecer a axuda na organización da viaxe, e sobre todo por sufragar o total do coste económico da viaxe ás responsables do proxecto eMprende neste centro, a través de Ayuda en acción, Ana e María.



Viaxe literaria a Madrid.

O alumnado de Literatura Universal viaxou a Madrid para coñecer de primeira man algúns dos escenarios culturais máis importantes das letras universais, acompañado das profesoras Isabel Rodríguez e Carme Pernas. Unha estancia breve pero moi ben aproveitada, como podedes comprobar no vídeo:

VIAXE DIDÁCTICA DE AUTOMOCIÓN

Os alumnos de Automoción dos distintos cursos participaron na viaxe didáctica a Madrid, Avila e Salamanca, na que asistiron ao Motortec, a Feira internacional do motor e da automoción, no Ifema, de Madrid. En Ávila tiveron a oportunidade de visitar CESVIMAP (o centro tecnolóxico e de investigación do automóbil máis importante de España) e CESVirecambios (sistema de descontaminación e xestión de vehículos siniestrados). Por último, en Salamanca gozaron do Museo da Automoción. Como anécdota moitos do alumnos viron a neve por primeira vez, xa que os colleu de camiño na estrada. Todo unha aventura!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut