Skip to Content

Extraescolares

Actividades que se realizan fora do ambito académico

Visita á Confraría da Guarda

O alumnado de Administrativo visitou a Confraría da Guarda. Na visita coñeceron a Manuel, o responsable da organización, que lles deu unha clase maxistral acerca do funcionamento da confraría, seguridade social e xestión de vendas. Finalmente algúns profesionais do mar, que se atopaban polas instalacións, explicáronlles as tarefas do seu día a día e ensináronlles algo de xénero.

 

TÉCNICAS BÁSICAS DE PRIMEIROS AUXILIOS

Os pasados 16 e 17 de decembro levouse a cabo para 3º e 4° ESO, profesorado e familias o obradoiro titulado “Técnicas básicas de primeiros auxilios: cadea de supervivencia, RCP básica, uso do desfibrilador e actuación ante obstrucción de vía aérea”. O taller impartiuno Dr. José Palacios Aguilar, coordinador do Grupo de investigación en Actividades Acuáticas e Socorrismo, Profesor titular da Universidade da Coruña, Creador e Coordinador do grupo internacional de actividades de prevención e socorrismo, Doutor e Licenciado en Educación Física. Colaborou como profesora asistente, Inés Sánchez Pedreira, Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, Máster en Educación, Educadora Física e Socorrista Acuática Profesional. O alumnado participante concienciouse sobre a importancia que supón actuar rápido en situacións de emerxencia e atópase preparado para intervir en situacións reais.

O curso para familias e profesorado terá unha segunda edición en maio. As persoas interesadas, estade atentas a esta web.

VISITA AO PUNTO LIMPO.

O alumnado de 1° FP Básica, xunto cos profesores Eladio e Rubén, acudiu ao Punto Limpo con 4 colectores con residuos xerados nos talleres. O responsable do Punto Limpo, Carlos, explicoulles como separar e seleccionar os distintos residuos, e logo eles procederon con moito entusiasmo a realizar esa clasificación. Foi unha experiencia moi produtiva e moi grata para todo o alumnado.

 

XORNADA DE RAFTING EN ARBO

Non queremos rematar o trimestre sen reseñar que por fin, despois de ano e medio sen actividades, o alumndo de 3º e 4º de ESO puido gozar dunha xornada de rafting en Arbo, antes da chegada do frío.

Distribuir contido


by Dr. Radut