Skip to Content

Xornada de formación: mundo empresarial do mantemento de vehículos

19/04/2017 09:10
Etc/GMT+1

O pasado 19 de abril tivo lugar no IES A Sangriña unha xornada de formación para amosar aos alumnos novos procesos de traballo e oportunidades de negocio referentes ao mundo de mantemento de vehículos.

Dúas foron as actividades que se levaron a cabo.

Rubén Lopez, restaurador de motos da localidade de Mañufe, amosou aos alumnos os procesos técnicos de restauración e o difícil que é atopar profesionais cualificados para desempeñar estes labores. Tamén explicou como se realizan os procesos técnicos e o plan de empresa preciso para levalos adiante.

A segunda actividade foi impartida por un antigo alumno do Ciclo de Carrozaría, Neo Treinta, que foi o encargado de mostrar ao alumnado os segredos da técnica de hidroimpresión e as posibilidades que este traballo ten.

O alumnado gozou vendo as novidades, e o interese polas actividades foi moi alto. Estas actividades englóbanse dentro da promoción dos Ciclos Formativos do IES A Sangriña. Lembremos que o alumnado de Automoción goza dunha colocación laboral pos-titulación do 63%, conta con grande aceptación na comarca e é piar do desenvolvemento profesional do Baixo Miño.



event | by Dr. Radut