Skip to Content

Educación Física

Ruta polo Baixo Miño en bicicleta e piragua

Hoxe estase a levar a cabo unha ruta combinada en bicicleta e piragua polo Baixo Miño, organizada polo Departamento de Educación Física: en bici desde o instituto ata Vilanova de Cerveira, onde fixeron unha parada para repor forzas, e a seguir, realizarán unha baixada en piragua ata As Aceñas, con outro pequeno descanso e baño no río, para finalmente, pola tarde, emprender o regreso ata o instituto.

O alumnado participante, de 1º de bacharelato, está acompañado por Amalio Verd, Susana Salvador e Raimundo Fernández. 

 

Visita á Escola de Desporto e Lazer de Melgaço

Neste trimestre tivo lugar a visita á Escola de Desporto e Lazer da Universidade do Minho (Melgaço, Portugal). Foi unha saída didáctica organizada conxuntamente polos departamentos de Portugués e Educación Física para 1º de Bacharelato, e permitiu ao noso alumnado coñecer outras posibilidades formativas no país veciño. Durante a xornada, visitaron as instalacións, practicaron aeorbic, orientación... e tamén recibiron unha charla orientativa sobre os estudos que ofertan.

CLASE MAXISTRAL DE HOCKEY LIÑA

O pasado venres 1 de xuño durante a 1ª e a 2ª hora, o alumnado de 1º ESO tivo o privilexio de recibir unha clase de mostra do equipo da Guarda de hóckey liña. 
 
O profesor acompañante na actividade foi Amalio Verd.
 
 

ACTIVIDADE DE PIRAGÜISMO

O pasado venres 25 de maio, o Departamento de Educación Física realizou unha actividade de piragüismo co alumnado de 2º ESO.
 
Desde as 09:10 ata as 14:00, os profesores Amalio, Menchu, Ínsua e Susana acompañaron aos 49 alumnos e alumnas durante o percorrido en piragua, comezando en Eiras e rematando nas Aceñas, a través do río Tamuxe.
 
O día non foi moi soleado pero non fixo vento nin frío, polo que tiveron unha boa xornada de deporte.
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut