Skip to Content

Educación Física

CHARLA SOBRE DEPORTE PARALÍMPICO

Dentro do ámbito dos contratos programa, na liña INNOVA, ámbito de educación para a saúde, puidemos organizar para o alumnado de 2° da ESO o pasado venres 4 de febreiro unha charla sobre deporte paralímpico e mais un encontro con Gustavo Rodríguez, guía de Héctor Catalá. Falounos sobre a súa experiencia en Tokio 2020, onde conseguiron a primeira medalla de prata da historia do triatlón paralímpico na categoría masculina para deportistas con discapacidade visual. Acompañáronnos algúns usuarios de Avelaíña e San Xerome que, xunto co noso alumnado, fixeron varias preguntas ben interesantes ao nos olímpico relator.

TÉCNICAS BÁSICAS DE PRIMEIROS AUXILIOS

Os pasados 16 e 17 de decembro levouse a cabo para 3º e 4° ESO, profesorado e familias o obradoiro titulado “Técnicas básicas de primeiros auxilios: cadea de supervivencia, RCP básica, uso do desfibrilador e actuación ante obstrucción de vía aérea”. O taller impartiuno Dr. José Palacios Aguilar, coordinador do Grupo de investigación en Actividades Acuáticas e Socorrismo, Profesor titular da Universidade da Coruña, Creador e Coordinador do grupo internacional de actividades de prevención e socorrismo, Doutor e Licenciado en Educación Física. Colaborou como profesora asistente, Inés Sánchez Pedreira, Grao en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, Máster en Educación, Educadora Física e Socorrista Acuática Profesional. O alumnado participante concienciouse sobre a importancia que supón actuar rápido en situacións de emerxencia e atópase preparado para intervir en situacións reais.

O curso para familias e profesorado terá unha segunda edición en maio. As persoas interesadas, estade atentas a esta web.

XORNADA DE RAFTING EN ARBO

Non queremos rematar o trimestre sen reseñar que por fin, despois de ano e medio sen actividades, o alumndo de 3º e 4º de ESO puido gozar dunha xornada de rafting en Arbo, antes da chegada do frío.

PRIMEIROS AUXILIOS: TÉCNICAS QUE SALVAN VIDAS

Conscientes da importancia da formación en primeiros auxilios, os departamentos de Bioloxía e Educación Física organizaron uns obradoiros dirixidos ao alumnado de 4º de ESO durante o mes de maio, impartidos por José Palacios Aguilar, coordinador do Grupo de Investigación en Actividades Acuáticas e Socorrismo (GIAAS) e profesor da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da Universidade da Coruña. 

Distribuir contido


by Dr. Radut