Skip to Content

Educación Física

Taller de hipopresivos.

Onte levouse a cabo un taller de hipopresivos nos grupos de 1° de Bacharelato, impartido polo antigo alumno Brais Castro, instructor de hipopresivos.

Andainas en Educación Física.

Para compensar un pouquiño o esforzo persoal e colectivo que supón este curso para toda a comunidade educativa, e especialmente para o alumnado, desde Educación Física están pondo o seu empeño en “cargar as pilas” realizando con frecuencia as súas clases en pleno contacto coa natureza. Velaquí unha mostra de andainas polo Trega.

Protocolo COVID en Educación Física

Nos documentos adxuntos podedes consultar as normas de seguridade sanitaria de aplicación nas clases de Educación Física.

Día da Educación Física na casa

Hoxe, 28 de abril, celébrase o "Día da Educación Física na casa" (#DEFC2020) Durante o confinamento estase a demostrar que a Educación Física é moi importante para o mantemento do benestar físico e psíquico das persoas.
Desde o Departamento de EF do IES A Sangriña convidámosvos e animámosvos a participar enviando ao profesorado deste Departamento algunha foto ou vídeo curto voso practicando algunha das propostas que vos foron enviadas aos vosos correos, sós ou aínda mellor en familia!!! Difundirémolas nas redes sociais do instituto, reivindicando a importancia desta materia e amosando á sociedade esta outra forma de traballar a EF que o confinamento nos descubriu.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut