Skip to Content

Educación Física

VISITA AO XIMNASIO DO-MAJO

A semana pasada o Departamento de Educación Física organizou unha visita ao Centro Doma-jo na Guarda, onde o alumnado de 4º ESO tivo a sorte de recibir unhas leccións de fitball, hip hop e fitness.
 
O martes 22 de maio asistiu o grupo de 4º A co profesor Amalio Verd e o xoves 24 tocoulle a Susana Salvador cos grupos de 4º B e 4º C.
 
Esta actividade levárona a cabo desde as 10:00 ata as 12:20
 
 

A GUARDA - VILANOVA DE CERVEIRA EN BICI E PIRAGUA

O pasado luns 14 de maio, o Departamento de Educación Física organizou, xunto coa empresa Verde Azul de Tui, unha saída co alumnado de 1º Bacharelato desde o centro ata Vilanova de Cerveira.
 
Sairon ás 09:00 en bici desde o instituto. O día comezou cunha fina chuvia pero finalmente escampou e puideron continuar sen problemas. Sobre o mediodía pararon a comer nun parque e ás 14:00 trocaron as bicicletas polas piraguas, todas elas de dúas prazas agás as do profesorado acompañante (Susana Salvador, Amalio Verd e José Luis Insua) que eran individuais.
 
Chegaron ás Aceñas polo río Tamuxe, descansaron un pouco e volveron subir ás bicicletas para volver ao IES ás 17:30
 
 

VIAXE A ANDORRA

O Departamento de Educación Física levou a cabo un ano máis a viaxe a Andorra. Nesta ocasión tivo lugar dende o sábado 17 de marzo ao 24.

O alumnado asistente foi de 3º e 4º ESO. Durante eses días que estiveron en Ordino (Andorra) recibiron clases de esquí, dende o luns 19 ao venres 23. Tamén visitaron o Centro Termal Caldea.

O martes e o mércores non puideron esquiar axeitadamente debido ás condicións meteorolóxicas. O profesorado acompañante foi María Traveso, Susana Salvador e Amalio Verd.

 

 

 

 

Documento gráfico da espectacular nevada que non lles permitiu esquiar o martes e o mércores:

 

 

Primeira actividade da Semana da Ilustración

22/01/2018 08:20
22/01/2018 18:00
Etc/GMT+1

O pasado luns 22 de xaneiro os alumnos e alumnas de 1º e 2º ESO foron a Vigo ao cine a ver a película de animación “Coco”. Esta actividade marcaba o inicio da SEMANA DA ILUSTRACIÓN.

Os departamentos implicados foron o de Lingua Castelá e o de Educación Física, completando este último a actividade cunha sesión de patinaxe sobre xeo na pista de patinaxe de Vigo. Posteriormente concluiuse con comida ao aire libre e paseo polo parque de Castrelos. 

Os profesores acompañantes foron: Juanra Torres, Denís Vicente, Santiago Rivas e Amalio Verd.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut