Skip to Content

Educación Física

VISITA Á ESCOLA DE DESPORTO E LACER – UNIVERSIDADE DO MINHO

O pasado luns 11 de novembro, o alumnado de 1º de Bacharelato, acompañado do profesorado de Lingua Portuguesa (Carmen Saborido) e Educación Física (Susana Salvador e Amalio Verd), visitou a Escola de Desporto e Lacer da Universidade do Minho, en Melgaço (Portugal). Realizaron un percorrido polas instalacións e participaron en varias actividades: unha sesión de aerobic, xogos cooperativos e tests de forza de salto e de velocidade de lanzamento de bóla de béisbol.

Coloquio "Discamiño de Santiago" no IES A Sangriña

Esta semana tivemos a fortuna de contar no centro cuns conferenciantes moi especiais. Trátase dos participantes en "Discamiño de Santiago" un proxecto que naceu para facer realidade o soño de peregrinar de persoas con diferentes necesidades especiais. Arrancou no 2009 con Gerardo, un mozo xordo-cego que fixo o seu primeiro camiño de Santiago sobre un triciclo tándem. Foi unha actividade espectacular, emocionante e emotiva, e da cal o noso alumnado de 4º da ESO aprendeu moito sobre valores, solidariedade e espírito de superación.

 

 

Rafting en Arbo

A semana pasada o alumnado de 3º de ESO gozou dunha xornada de rafting en Arbo, coa empresa Arrepions. O profesorado acompañante foi Amalio Verd, Samantha Thurson (auxiliar de inglés) e Susana Salvador. Descenderon polo río Miño, pasando por varios rápidos con cinco balsas neumáticas.

Velaquí unha pequena mostra. Podedes ver máis fotos na nosa páxina de Facebook.

Acampada nas Illas Cíes

Un ano máis, o alumnado de 1º de ESO marchou de acampada de fin de curso ás Illas Cíes, acompañado por Susana Salvador e Amalio Verd. Trátase dunha actividade extraescolar organizada polo Departamento de Educación Física na que se poñen en práctica actividades na natureza como aprender a montar e desmontar a tenda de campaña, andainas, xogos e deportes na praia, ruta nocturna co visionado das estrelas e constelacións, a concienciación no coidado e protección do medio natural (lembremos que as Cíes contan coa máxima figura de protección, parque nacional) ou a convivencia entre todas e todos. 

Distribuir contido


by Dr. Radut