Skip to Content

Ruta polo Baixo Miño en bicicleta e piragua

Hoxe estase a levar a cabo unha ruta combinada en bicicleta e piragua polo Baixo Miño, organizada polo Departamento de Educación Física: en bici desde o instituto ata Vilanova de Cerveira, onde fixeron unha parada para repor forzas, e a seguir, realizarán unha baixada en piragua ata As Aceñas, con outro pequeno descanso e baño no río, para finalmente, pola tarde, emprender o regreso ata o instituto.

O alumnado participante, de 1º de bacharelato, está acompañado por Amalio Verd, Susana Salvador e Raimundo Fernández. 

 



story | by Dr. Radut