Skip to Content

Podes atoparnos en...

             

STARgal 21

STARgal é unha mostra de produtos dixitais e audiovisuais que se realizan co fin de conmemorar as Letras Galegas dun xeito máis innnovador. Organizámolo no centro desde o curso 2015/16 baixo a modalidade de Contrato Programa. En edicións anteriores levou premios de innovación educativa e lingüística. 

Este ano tivo lugar ó longo de toda a mañá do venres 14 de maio. Por mor da COVID, todos os obradoiros tiveron lugar dentro das aulas. Nós intentamos que fose o máis interactivo posible, premiando ós rapaces e rapazas máis participativos, o que se certificou, como sempre, coa cartilla STARgal de cada quen. 

 

 

Todas as sesións comezaron coa proxección dun dos 6 vídeos elaborados pola Academia, en orde cronolóxica de publicación, e a continuación propuxemos unha actividade na que o alumnado podía participar. Están todas explicadas na seguinte presentación:

No primeiro vídeo da serie fálase das orixes de Xela e da importancia que tivo na súa vida o ter asistido a un colexio da Institución de Libre Enseñanza, a Granxa Escola de Barreiros en Sarria

Desde hai anos, este instituto traballa na mesma senda desa Institución:

O equipo de Biblioteca traballou arreo organizando actividades e favorecendo espazos de lectura. Este equipo en colaboración coas profes Silvia e Flor artellaron, un ano máis, unha colaboración co Centro de Día, para quen fabricamos uns brinquedos cos que agasallamos ós nosos maiores no mes de Nadal

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Desde o Dpto de Historia traballouse o contexto histórico de Xela, e aportaron para o STARgal foi un divertido Timeline:


 

Coa colaboración do Departamento de Galego, alumn@s de 1º de ESO escribiron, tamén para os nosos maiores, uns Contos para combater a soidade.

 

Estes elaboráronse coa técnica do scrapbooking e  ían acompañados de voz, grazas a uns chips de audio que inserimos no seu interior.

O dos chips e a programación forma parte deste Contrato Programa, e desde as aulas de Tecno e TIC deseñamos vídeoxogos e apps, con Scratch e App InventorNo día STARgal xogamos a varios deles.

O cole de Xela era especial porque nel tiña moita importancia o espazo no que estaba. Na escola-granxa de Barreiros estudábase ecoloxía, arquitectura e urbanismo, e algo así fixemos nós nas aulas e no Club de Ciencia. Proxectamos unha cidade baixo eses criterios e hoxe tedes o resultado no vestíbulo.  

 

 

O segundo vídeo da serie fala da relación de Xela coa lingua galega fóra da poesía: a edición e tradución de textos con Xerais.

 

O que propuxemos para esta sesión foi escoitar 4 podcasts elaborados polo alumnado de TIC e Lingua Galega. Todos falan de consumismo e saúde. Tras cada un deles, competimos nun Kahoot para lograr chegar ó podio. (Materiais na presentación inicial)

 

O terceiro vídeo da serie fala da poesía de Xela. A súa obra caracterízase por ser underground e empregar diferentes formatos, entre eles, a colaxe. 

  • O alumnado de 1º e 2º xogou a crear a súa propia colaxe a partir dun poema e de material impreso que lles proporcionamos desde a organización.
  • O alumnado de 3º e 4º tivo que fiar máis fino con respecto ó coñecemento da obra de Xela, e demostrouno no Pasapalabra que programamos en Scratch sobre a vida da autora.

 

O cuarto vídeo da serie fala da obra de Xela en relación con outras artes, nomeadamente as audiovisuais.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Este é outro dos eixos de innovación sobre os que trata o noso proxecto. Este ano a profe de Plástica propiciou que houbese moita creación. Puidemos ver unha escolma de videpoemas, videodiarios e curtas feitos en 3º e 4º. Os trofeos Cachavisión foron para as pezas máis votadas.

 

O quinto vídeo da serie fala de como afectou a Xela a maternidade.

En certo xeito, Xela fai un paralelismo entre a súa maternidade e a de Galicia como país, e nos seus poemas e relatos ten enorme presenza o territorio. Por isto, adicamos esta hora a unha actividade enmarcada no programa Galicia Nomeada, un site de microtoponimia co que aprendemos moito da nosa vila nunha charla previa organizada pola Biblioteca.

No STARgal tivemos que localizar 8 microtopónimos relacionados coa obra Non te amola, un conxunto de relatos infantís de Xela.

 

O sexto vídeo da serie sérvenos para valorar canto aprendemos de Xela e canto dela queda en nós. 

Logo de velo xogamos un divertido Escape Room no que tiñamos que atopar a combinación para liberar á nosa poeta.

 

Para rematar os actos, puidemos disfrutar dun concerto de música irlandesa e galega, e ver canto de próximas están as nosas culturas. Esto foi posible grazas á presenza do noso lector Denis, que é un músico irlandés, da súa muller Carmel e dos profes Andrés e Álvaro.

 

 

En definitiva: festa e celebración das nosas letras un ano máis na Cachada!



page | by Dr. Radut