Profesorado do departamento, curso 2023/24
-
Ana Fernández Moreiras (XD). Destino definitivo.
-
Lupe Gómez Noya. Destino provisional.
-
José Manuel Caamaño Lamela. Destino provisional.
Normas xerais curso 2023/24
-
O alumnado ten a obriga de estar comunicado dixitalmente coa profe de forma periódica, consultando un mínimo dunha vez por semana a aula virtual ou correo electrónico.
-
Non se aceptarán traballos fóra de prazo.
-
Nos casos de forza maior (problemas co equipo informático, coa conexión a internet, etc), debedes comunicar as incidencias á profe ou titor/a no menor prazo de tempo posible. De non ser así, considerarase incumprimento nos prazos de entrega das actividades propostas.
-
Na elaboración dos traballos escritos (Memorias técnicas e outras propostas particulares), seguiranse as normas de redacción e estilo que se vos indican nos boletíns e/ou presentacións de cada curso.
-
O plaxio ou calquera tipo de fraude nas probas orais ou escritas será sancionado coa anulación da proba e o conseguinte 0 na súa cualificación.
-
As normas de uso do taller, pensadas para minimizar riscos e que todos poidamos disfrutar do material, son de escrupuloso cumprimento e impórtannos ás profes máis que ningún 10 nun exame!
- Recuperación de pendentes:
-
de 1º: o seguimento farávolo Lupe Gómez na propia aula. Despois da Avaliación Inicial, entregarásevos un Boletín de exercicios con dous boques. En cada parcial de pendentes pedirásevos un bloque. A proba pesará un 60% e os exercicios, debidamente resoltos e explicados, un 40%. A profesora de 2º ESO poderá considerar superada aquela parte da materia con continuidade de 1º a 2º se esta se aproba no curso actual (ex: Electricidade). Se este fora o caso, indicarávolo e xa non fará falta resolver esa parte dos exercicios do boletín nin facer parte escrita. En caso de suspender un ou os dous parciais, poderedes asistir a unha proba final.
-
de 2º: o seguimento farávolo Ana Moreiras, dispoñible os venres no 2º recreo. Despois da Avaliación Inicial, entregarásevos un Boletín de exercicios con dous boques. En cada parcial de pendentes pedirásevos un bloque. A proba pesará un 60% e os exercicios, debidamente resoltos e explicados, un 40%. En caso de suspender un ou os dous parciais, poderedes asistir a unha proba final.
Documentación curso 2023/24
-
Boletín de pendentes de 1º
- Programacións (anexas):
-
Programación 1º ESO A (José Manuel Caamaño) e B, C, D (Ana Moreiras).
-
Programación 2º ESO A, B, C, D (Lupe Gómez, proximamente).
-
Programación 3º Ed. Dixital (José Manuel Caamaño).
-
Programación 4º Tecnoloxía (Ana Moreiras).
- Progrmación 4º Ed. Dixital (Lupe Gómez, proximamente).