Taboleiro de anuncios

MINI SAGA FINALISTS

CÁNTAMO... EN GALEGO: XOSÉ MANUEL BUDIÑO

Tes descuberto o personaxe tras as pistas? Susana Pedreira entrevistará a Xosé Manuel Budiño o vindeiro 7 de febreiro ás 17.00h no salón de actos da escola. Estades todos convidados!

CAMBIOS DE GRUPO 23-24

Quen pode solicitar o cambio?

  • O alumnado matriculado na EOI de Pontevedra ou centros adscritos (IES Valle-Inclán - sección sita no IES Sánchez Cantón -, IES Ramón María Aller Ulloa (Lalín), IES Antón Losada Diéguez (A Estrada):

Cando se pode solicitar?

  • dende as 14.00h do día 5 de outubro ata as 22.00h do día 9 de outubro. 

Como se pode solicitar?

  • Para cambios de grupo dentro do mesmo centro educativo o alumnado deberá acceder ao seu perfil en CentrosNET. Cada persoa pode formular un máximo de 2 peticións por cada idioma no que estea matriculada. Mais información.
  • Para cambios de grupo entre diferentes centros educativos (da Escola a un centro adscrito ou viceversa) o alumnado deberá cumprimentar o impreso de solicitude e envialo ao enderezo: infosecretaria.eoipontevedra@gmail.com.
  • Para cambios de cursos intensivos a anuais ou viceversa o alumnado deberá cumprimentar o impreso de solicitude e envialo ao enderezo: infosecretaria.eoipontevedra@gmail.com.
  • Os impresos correspondentes estarán colgados na páxina web da EOI (Sección Formularios).
  • Só se pode pedir cambio de hora. Non é posible solicitar cambio de nivel ou de idioma.

Cando entra en vigor o cambio?

  • As solicitudes serán atendidas na medida que existan vacantes no grupo ao que se desexa acceder. 
  • De non haber vacante no momento da solicitude, quedará en espera por se xurdira unha vacante.
  • Recibirá unha mensaxe por correo electrónico confirmándolle a concesión do cambio.
  • O alumnado deberá asistir ás aulas do novo grupo tan pronto teña a confirmación telemática.
  • O profesorado dos grupos afectados tamén reciben notificación dos cambios.

Onde envío a documentación se son alumno/a dunha sección?

  • O alumnado das seccións da Estrada ou Lalín deberá remitir as solicitudes en papel ao centro no que estea matriculado, só no caso de querer cambiar dende outro centro adscrito.

MATRÍCULA LIBRE 2017/2018

Se te queres matricular por libre para obter os certificados das EOIs do nivel A2, B1, B2 e C1 poderás facelo do 3 ao 20 de abril. Preme AQUÍ  para informarte do procedemento de matrícula.

HORARIO DO CENTRO NO ENTROIDO

Lembramos a toda a comunidade educativa que o centro permanecerá aberto de 10.00 a 13.00 os días 12 e 13 de febreiro. O día 14 permanecerá por festividade local.

MATRÍCULA OFICIAL CURSO 2017-18

MATRÍCULA CURSO 2018-19
Grupos e horarios Resumo instruccións Acceso
Preinscrición Matrícula Documentación

CALENDARIO DAS PROBAS ESCRITAS DE CERTIFICACIÓN DE XUÑO 2017

Pode consultar aqui o calendario das probas de certificación de xuño de 2017.

N.B.: As datas das probas orais correspondentes, asi como das previsións de rexames, publicaranse unha vez que estean acordadas polos departamentos da escola.

AVISO: SOLICITUDE ADAPTACIÓN EXAMES

Se precisas solicitar unha adaptación dos exames da escola debes ler o protocolo de adaptación de probas, cumprimentar o formulario e subilo coa documentación de matrícula a través da aplicación.

Relatos gañadores do IV Certame de Microrrelato

Aquí podes ver os tres relatos gañadores do IV Certame de Micorrelato

Distribuir contido