Taboleiro de anuncios

PRESENTACIÓN DO ÚLTIMO LIBRO DE PAULA MORAIS

O departamento de portugués convídate a asistir á presentación do libro de Paula Morais "Portugal sob a égide da ditadura" o vindeiro 26 de maio ás 18.00 horas. 

CONCERTO DE NOTA BENE

Únete ao noso departamento de Portugués o vindeiro luns 25 de abril ás 19.30 horas para celebrarmos a revolución dos craveis coa música de Nota Bene.

EXPOSICIÓN DAS OBRAS DE CERVANTES E SHAKESPEARE

Este ano celebramos o día do libro o vindeiro 23 de abril conmemorando o 400 aniversario do falecemento de Miguel de Cervantes e William Shakespeare. Ven á nosa biblioteca e visita a exposición de obras destes dous xenios da literatura.

CICLO DE CINEMA NA EOI

A EOI de Pontevedra organiza un ciclo de cinema en todas as linguas da escola durante o mes de abril. O tema deste ano é "Filme ou libro?", polo tanto proxectaremos películas baseadas en novelas. Consulta o programa.

MATRÍCULA ABERTA: CALC E CUALE

O alumnado matriculado no presente curso escolar 2023-24 nos cursos CALC e CUALE na EOI Pontevedra que queira presentarse as probas de certificación do nivel que está cursando deberá matricularse nesta ligazón do 8 ao 12 de abril de 2024 (ambos días incluídos).

Documentación necesaria:

  • Cubrir a aplicación Web.
  • Copia do DNI, NIE ou Pasaporte.
  • Para alumnado CALC, documento da realización do curso emitido polo CFR onde conste que cumpre co requisito de asistencia.
  • Alumnado con diversidade funcional: cubrir o anexo III no caso de precisar condicións especiais.

Para máis información consulte a Instrución 1/2024.

CURSOS CELGA E LAG: 2º CUADRIMESTRE

 Presentación de solicitudes

  • As solicitudes fanse mediante aplicación web www.eoidigital.com/preinslinguagalega.
  • As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da EOI de Pontevedra.
  • Cursos CELGA: poderán facer unha única solicitude con 3 preferencias priorizadas por grupo.
  • Cursos LAG: poderán facer unha única solicitude con 2 prefeerencias priorizadas por grupos.

Admisión

  • A adxudicación das prazas terá lugar o día 27 de novembro.

Documentación

  • Rematado o proceso de asignación de prazas, o alumnado seleccionado deberá entrar de novo na aplicación para presentar a documentación que se especifica nos puntos 7º e 11º da resolución.
  • O prazo para a presentación desta documentación abranguerá ata o 1 de decembro e a falta de presentación destes documentos en prazo dará lugar á exclusión.
  • Cursos CELGA: DNI e certificado de discapacidade, de ser o caso.
  • Cursos LAG: DNI, xustificante de ser persoal da administración pública de Galicia en activo o excedencia por coidado dun fillo e certificado de discapacidade, de ser o caso.

Características dos cursos

  • Cursos de 60 horas.
  • Mínimo 15 e máximo 25 participantes.
  • Cursos CELGA: dirixidos a persoas maiores de 16 anos ou aquelas que os agan no ano natural da convocatoria.
  • Cursos LAG: dirixidos a enmpregados/as públicos en activo da administración autonómica, local e periférica de Galicia. Ler o punto décimo da convocatoria.

 

Cursos ofertados na EOI de Pontevedra

CURSOS EN LIÑA LAG (linguaxe administrativa galega en liña)

  • Nivel superior: de febreiro a maio de 2024. Para acceder a este curso as persoas aspirantes deberán estar en posesión dalgún dos certificados mencionado no punto décimO da convocatoria.

CURSOS CELGA (consecución dos certificados de lingua galega CELGA)

  • CELGA 2: de febreiro a maio, martes, xoves e venres das 9.00 ás 11.00 horas.
  • CELGA 2: de febreiro a maio, luns, mércores e xoves das 19.30 ás 21.30 horas.
  • CELGA 3: de febreiro a maio, martes, xoves e venres das 11.00 ás 13.00 horas.
  • CELGA 4:  de febreiro a maio,  luns, mércores e venres das 9.00 ás 11.00 horas.

 

PRAZAS VACANTES: ATA O 15 SETEMBRO

Aínda non te matriculaches? Abrimos un novo prazo para ofertar as prazas vacantes do 9 ao 15 de setembro.

Segue os seguintes pasos: 

  • Envía a documentación requirida ao enderezo 

Documentación requirida:

  • Teléfonos de atención:886 159 116 e 886 159 119 desde as 9.00 ás 14.00 horas no mes de xullo e de 9.00 a 13.00 nomes de agosto.
  • Resolución de matrícula do 16 de maio de 2023
  • NOTA: 

    • A posta en marcha dos grupos dependerá do número total de inscritos que os xustifique.
    • As probas da convocatoria ordinaria e extraordinaria poderán realizarse fóra do horario establecido para o grupo no que estea matriculado.
    • O alumnado que non formalice a súa matrícula no prazo establecido presentando toda a documentación requirida, perderá o dereito á praza asignada e só se poderá matricular ao finalizar todo o proceso de matrícula no caso de quedar prazas vacantes.

PRAZAS VACANTES: MATRICÚLATE!

Se aínda non reservaches a túa praza ou esqueciches formalizar a túa matrícula nos prazos anteriores agora tes a posibilidade de matricularte nas prazas vacantes. O prazo estará aberto do 22 de xullo ata o 8 de setembro. Preme na ligazón para saber máis.

Plan de aula

PLAN DIXITAL

De acordo co Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a EOI de Pontevedra procura a transformación dixital do centro.

Por que un Plan dixital?

Porque consideramos necesario adaptar a Escola de maneira sostible á era dixital. 

Onde podo consultar o documento?

Podes ler o Plan dixital completo da EOI de Pontevedra premendo nesta ligazón.

Cal é o obxectivo dun Plan dixital de centro?

O noso obxectivo é ser dixitalmente competentes no proceso de ensino-aprendizaxe.

Que accións se van poñer en marcha para acadar este obxectivo?

No Plan dixital recóllense as liñas prioritarias de traballo para o curso 2022-23 que son as seguintes:

  • Mellorar a infraestrutura e equipamento.
  • Aproveitar a aula virtual para a a reflexión e a retroalimentación.
  • Modernizar a páxina web oficial da Escola.
  • Promover unha cultura de respecto aos dereitos de autor para a creación e difusión de materiais didácticos.

 

Distribuir contido