CURSOS CELGA E LAG: 2º CUADRIMESTRE

 Presentación de solicitudes

  • As solicitudes fanse mediante aplicación web www.eoidigital.com/preinslinguagalega.
  • As solicitudes cubertas adecuadamente entenderanse presentadas na secretaría da EOI de Pontevedra.
  • Cursos CELGA: poderán facer unha única solicitude con 3 preferencias priorizadas por grupo.
  • Cursos LAG: poderán facer unha única solicitude con 2 prefeerencias priorizadas por grupos.

Admisión

  • A adxudicación das prazas terá lugar o día 27 de novembro.

Documentación

  • Rematado o proceso de asignación de prazas, o alumnado seleccionado deberá entrar de novo na aplicación para presentar a documentación que se especifica nos puntos 7º e 11º da resolución.
  • O prazo para a presentación desta documentación abranguerá ata o 1 de decembro e a falta de presentación destes documentos en prazo dará lugar á exclusión.
  • Cursos CELGA: DNI e certificado de discapacidade, de ser o caso.
  • Cursos LAG: DNI, xustificante de ser persoal da administración pública de Galicia en activo o excedencia por coidado dun fillo e certificado de discapacidade, de ser o caso.

Características dos cursos

  • Cursos de 60 horas.
  • Mínimo 15 e máximo 25 participantes.
  • Cursos CELGA: dirixidos a persoas maiores de 16 anos ou aquelas que os agan no ano natural da convocatoria.
  • Cursos LAG: dirixidos a enmpregados/as públicos en activo da administración autonómica, local e periférica de Galicia. Ler o punto décimo da convocatoria.

 

Cursos ofertados na EOI de Pontevedra

CURSOS EN LIÑA LAG (linguaxe administrativa galega en liña)

  • Nivel superior: de febreiro a maio de 2024. Para acceder a este curso as persoas aspirantes deberán estar en posesión dalgún dos certificados mencionado no punto décimO da convocatoria.

CURSOS CELGA (consecución dos certificados de lingua galega CELGA)

  • CELGA 2: de febreiro a maio, martes, xoves e venres das 9.00 ás 11.00 horas.
  • CELGA 2: de febreiro a maio, luns, mércores e xoves das 19.30 ás 21.30 horas.
  • CELGA 3: de febreiro a maio, martes, xoves e venres das 11.00 ás 13.00 horas.
  • CELGA 4:  de febreiro a maio,  luns, mércores e venres das 9.00 ás 11.00 horas.