2010-2011

MAGOSTO 2010

DESPOIS DE VARIAS SEMANAS DE ESPERA, A FESTA DO MAGOSTO PUÍDOSE CELEBRAR O DERRADEIRO VENRES DO MES DE NOVEMBRO.

POR VEZ PRIMEIRA, O MAGOSTO CONGREGOU A TODAS AS ESCOLAS DO CRA ( ALUMNOS, MESTRES E NAIS E PAIS) NA ESCOLA DE VACARIZA.

CONSULTADE AS DISTINTAS NOVAS QUE SE SUBIRON Ó PORTAL SOBRE O MAGOSTO...

Escola de Capela

Escola de Rañó

Escola de Cruceiro

POLIDEPORTIVO E AULA ACTIVA

O Mércores 1 de Decembro tivemos a clase de educación física no Polideportivo de Rianxo. Antes de facer exercicio aproveitamos para achegarnos á Aula Activa e traballar un pouquiño sobre a alimentación saudable.

Pasámolo moi ben! 

 

CHEGOU O MAGOSTO

 CANTADE, XOGADE, BAILADE...
 
   
POR FIN CHEGOU O MAGOSTO!!!
 E DESPOIS DE QUENTAR A BARRIGA, XA PODEMOS TIZNAR A CARIÑA...

DE SÓLIDO A LÍQUIDO

O día no que Pétala nos levou á casa da choiva, decimos embarcarnos nun novo proxecto: “A AUGA”. Queremos experimentar e aprender sobre as súas características, estados, composición, utilidades, conservación,…

Como sabemos que noutras das escolas do CRA tamén estades comezando este proxecto, queremos compartir con vós un experimento improvisado que fixemos sobre os estados da auga.

Xa sabedes que levamos uns cantos días pasando moito frío e aínda que en Rianxo é máis difícil que neve pola proximidade do mar, hai lugares relativamente cercanos onde a neve xa se deixou ver. Isto foi o que aconteceu a noite do mércores en Santiago, por iso o xoves o coche da profe chegou á escola cunha pouquiña de neve (a maioría foina perdendo polo camiño).

Falando do tema na clase chegamos á conclusión de que “a neve é auga que co frío se conxela e cando se vai derretendo convírtese de novo en auga líquida”. Estabamos bastante seguros das nosas teorías, pero decidimos comprobalas.

Collimos unha pouquiña de neve nun caldeiro...

   
   

Levámola para a clase...

 

Noelia dixo que coa calor derreteríase mais rápido, por iso decidimos colocar o caldeiro no radiador.

Ao longo da mañá, pouquiño a pouco, foise derretendo...

 

e... sí! ao final a neve converteuse en auga.

 

Foi un experimento moi sinxelo, pero deu lugar a moitas apreciacións e preguntas que comezan a marcarnos o camiño a seguir:

"Como se forma a neve?"

"Por que o xeo se derrete antes se lle aplicamos calor?"

"Por que a neve é branca se é auga e a auga non ten cor?"

"Por que vemos o noso alento os días que vai moito frío?"

"Por que o mar fai que sexa mais difícil que neve en Rianxo?"

Sen dúbida, temos moito que investigar!

IMONOS FACENDO MAIORES

O venres festexamos os aniversarios do mes: Noa xa ten seis anos e Ramón e Jorge xa teñen cinco.

Jorge leva uns días enfermo e non puido estar na festa do seu cumple. Botámolo de menos e desexamos que se recupere pronto.

Pasámolo moi ben!

PARABÉNS CHIC@S!

O SEÑOR MAGO E A FOLLA

O SEÑOR MAGO E A FOLLA 

AO OUTONO NON LLE QUEDA MOITO TEMPO, PERO AOS NEN@S DE RAÑÓ GÚSTALLES LEMBRALO XA QUE É UN TEMPO ESPECIAL: FAI FRÍO, VENTO, CAEN AS FOLLAS, OS COGOMELOS AFLORAN AOS REDORES DAS ÁRBORES, CHEGA O SAN MARTIÑO, É TEMPO DE VENDIMIA, MAGOSTO...

CON ESTE CONTO A MESTRA MARÍA AXUDA AOS NEN@S A RECOÑECER ESES ELEMENTOS, ASÍ COMA A FACER QUE VOE A SÚA IMAXINACIÓN. CO DEBUXO REPRESENTAN UNHA VIVENCIA, A SÚA PROPIA VIVENCIA DO CONTO, E COA ESCRITURA PLASMAN CON PALABRAS AQUILO QUE MOSTRAN NO DEBUXO. É POR ISO QUE NON DEBEMOS PERMITIR QUE A PINTURA CONVÉRTASE NUNHA SIMPLE ACTIVIDADE DE RECHEO, SENÓN QUE LEVA CONSIGO UNHA MULTITUDE DE POSIBILIDADES QUE DESEMBOCAN NUNHA CAPACIDADE PRINCIPAL QUE DEBEMOS POTENCIAR NESTAS ETAPAS (INFANTIL E PRIMARIA): "APRENDER A PENSAR POR UN MESM@".

AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRA:

NUMERETE

 

NUMERETE

 

 

 

 

 

 

 

OLA AMIGOS E AMIGAS, CHÁMOME NUMERETE. A MIN GÚSTAME MOITÍSIMO VIAXAR AO REDOR DOS PLANETAS DOS NÚMEROS E ENCANTARÍAME QUE ME ACOMPAÑARADES NESTA AVENTURA, QUEREDES? POIS ENTÓN COMEZAREI A CONTARVOS CALES SON AQUELES PLANETAS QUE VAMOS A VISITAR… E QUE MELLOR MANEIRA QUE A TRAVÉS DAS POESÍAS. EN CADA UN DESTES PLANETAS VEREDES COMA SEMPRE ME LEVO ALGO DE LEMBRANZA, SERÁN NÚMEROS... ?

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PLANETA DO 1

Son Numerete, son Numerete

sonche moi particular

vou de planete en planeta

non paro de viaxar

Cando cheguei ao do 1

eu xa me puxen moi ledo

pois fixen 1 amiguiño

que me regalou 1 pelo.

 

 

 

 

 

 

CASTAÑAS ASADAS E LEITE CON MEL

 

DESPOIS DE TANTA ESPERA CHEGOU O GRAN DÍA... "A FESTA DO MAGOSTO". QUE BEN O PASAMOS! ESTE ANO O FESTEXAMOS TODOS XUNTOS NA ESCOLA DE VACARIZA. ALÍ:

- Bailamos as cantigas de Roda coa axuda da mestra María, que coa axuda do leite con mel ata cantou afónica :). GRACIÑAS!!

- Participamos dos xogos tradicionais que non debemos esquecer: as culleres coas castañas, cantigas de roda, paracaídas, zancos, bolos... e ata sacamos puntería co comecastañas.

- Coa axuda dos papás/mamás comimos castañas asadas quentiñas, que sabrosas que estaban!

 AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA PEQUENA LEMBRANZA DESTE DÍA TAN ESPECIAL

 

SESIÓN POLIDEPORTIVO: OS ANIMAIS

ESTA SEMANA TEMOS A SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE NO POLIDEPORTIVO.

BEN SENTADOS NA RODA, ATENDEMOS AS INSTRUCCIÓNS.

 

 XOGAMOS AOS REPTÍS:

 

 

 MOVÉMONOS NO CIRCUITO:

 

 

 

 REPRESENTAMOS DIFERENTES ANIMAIS:

 

 

 NO XOGO LIBRE DISFRUTAMOS CO MATERIAL QUE HAI NO POLI

 

 

 E DESPOIS DE TANTO MOVEMENTO PRECISAMOS RECUPERAR FORZAS CUNHA MERENDA SAUDABLE.

 

 AS PROFES TAMÉN O PASAMOS MOI BEN FACENDO DEPORTE.

 

 

E PARA REMATAR, TODOS COLABORAMOS RECOLLENDO O MATERIAL.

 

                                CANDO TOCARÁ VOLVER DE NOVO AO POLI? 

 

SOMOS OUTONO

FORON PASANDO OS DÍAS. E AS SEMANAS.

OS MESES FORON PASANDO...

 E O OUTONO ACOMPAÑOUNOS COA VENDIMA, O NACEMENTO DOS COGOMELOS, OS CABAZOS E AS FOLLAS QUE CAEN DAS ÁRBORES.

E NOS FIXEMOS OUTONO...

 

Distribuir contido