2010-2011
E AO FINAL HOUBO CASTAÑADA!
A "choiva dos venres" dounos un respiro e por fin! puidemos festexar o magosto na escola de Vacariza, xunto con todos os nenos e nenas do CRA. Pasámolo moi ben!
FACEMOS CREMA DE CABAZA
GRAZAS AS CABAZAS QUE AS FAMILIAS NOS APORTARON, ADEMAIS DE FESTEXAR O SAMAÍN, FIXEMOS CREMA DE CABAZA!
APRENDIMOS MOITAS COUSIÑAS:
- OLORES: a mextura dos alimentos (cabaza, cebola e sal).
- SONS: a potencia da batidora, as gotas da crema ao pasalo á pota, o queisiño ao abrilo...
- SERIE NUMÉRICA: os nen@s colocaban a batidora en diferentes niveis de potencia, relacionando o número menor co menor nivel e maior co máximo nivel.
- RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS E VALORES (compartir): como as mestras esquecemos o quesito coma ingredente, Daniel deunos o seu da merenda.
- FACER RECEITAS: plasmadas no papel.
- ELABORACIÓN DA NOSA PROPIA RECEITA "CREMA DE CABAZA".
E FINALMENTE A PROBAR AS COUSAS QUE NUN PRINCIPIO NON NOS GUSTAN NADA. PORQUE OS NEN@S DE RAÑÓ XA SABEN QUE O MÁIS IMPORTANTE É ENTRENAR A LINGUA, PROBANDO DIFERENTES SABORES!
AQUÍ VOS DEIXAMOS UNHA MOSTRIÑA:
UNHA APERTA DAS MESTRAS MARÍA E MIRIAN :)
CELEBRAMOS O MAGOSTO
Ola familias, na aula de Rañó estamos traballando a partir da pizarra dixital a celebración do Magosto. Aquí vos deixo o enlace para que xoguedes cos nen@s na casa. Gozade todos xuntos/as!!!
http://dl.dropbox.com/u/14722558/MAGOSTO/magosto.html
SEMANA DE MÚSICA E BIBLIOTECA
OS DÍAS 15, 16 E 17 DE NOVEMBRO TODALAS ESCOLAS DO CENTRO PARTICIPARON NAS SESIÓNS DE MÚSICA E BIBLIOTECA ORGANIZADAS NA SEDE DO CRA EN ATALAIA, ASADOS.
SE QUEREDES VISIONAR AS DISTINTAS NOVAS ELABORADAS POLAS ESCOLAS SOBRE ESTAS ACTIVIDADES PREMEDE NOS SEGUINTES ENLACES:
Música e Biblioteca. Escola de Capela
Aula de música. Escola de Cruceiro
Onde estás? Escola de Cruceiro
Biblioteca e Aula de música. Escola de Pazo
Sesión de biblioteca e música. Escola de Outeiro
Aula de música e biblioteca. Escola de Rañó
- APIs de Blogue
DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA
- APIs de Blogue
UNHA VISITA INESPERADA
Hoxe, no recreo, tivemos unha visita moi especial:un gato pequeniño!
Puxémonos tan contentos, verdade chic@s? Que se nos dou por chamalo berrando
e correndo detrás del. Claro, así marchou moi asustado!
Pero á hora da saída seguía alí fóra e cando xa todo estaba tranquilo
achegouse a min miañando, entón faleille baixiño e deixoume acariñalo. Coma
tiña moita fame convideino a entrar na nosa clase e púxose moi contento porque
atopou debaixo das mesas as miguiñas de pan que sempre caen ao chan á hora da
merenda.Mirade, papounas todas!
Aínda así seguía tendo fame! Axudoume a buscar na papelera
e alí atopamos os botes dos vosos
iogures.
Lameunos todiños e soubéronlle
tan ben! Xa sabedes que os iogures teñen leite e aos gatos encántalles o leite.
Cando rematou deixeino fóra para que buscara o camiño de
volta a súa casiña.
Pero ao mellor volve outro día e se o tratades con agarimo
deixaravos acariñalo. Aínda que xa sabedes que non debedes tocar animais
descoñecidos e se o facedes ten que ser co permiso e a axuda dun adulto e
sempre moi amodiño, pois se pensa que lle imos a facer dano, el tratará de
defenderse.Vale?
DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA
O 20 de Novembro conmemorouse o Día Universal dos dereitos do nen@.
Aquí vos achegamos algúns deses dereitos que temos todos os nenos e nenas do mundo por igual.
AULA DE MÚSICA
ATENCIÓN, ATENCIÓN!
OS VERMES XA ESTÁN A SUBIR POLAS BAQUETAS...
OS MÚSICOS XA TOCAN OS SEUS INSTRUMENTOS...
É O MOMENTO DE CANTAR...
E DE BAILAR...
É A AULA DE MÚSICA!!!
- APIs de Blogue
ONDE ESTÁS?
SE TE DESCOBRES ENCHOUPADO DE PALABRAS...
SE ATOPAS NOVOS OU VELLOS AMIGOS...
SE APARECE UN MALVADO DRAGÓN QUE ROUBA A CHUVIA...
( OU ERA UNHA MALVADÍSIMA DRAGONA?...)
SE DESPOIS DE TODO, CONSEGUES COS TEUS COMPAÑEIROS QUE SAIA O ARCO DA VELLA...
NON HAI DÚBIDA. ESTÁS NA BIBLIOTECA!!!
EDUCÁNDONOS EN SAÚDE
A pesar do mal tempo, un bó grupo de pais, nais e mestres reuníronse na escola de Cruceiro ( Taragoña ) na tarde do venres 19 para falar do importante que é acadar unha alimentación saudable.
O interés amosado polos participantes fixo que a sesión se prolongase máis tempo do que nun principio estaba previsto.
- APIs de Blogue
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 26
- 27
- 28
- 29
- 30
- 31
- 32
- 33
- 34
- seguinte ›
- última »