2010-2011

FESTIVAL DE NADAL

O 22 de Decembro festexamos o Nadal cun gran festival que tivo lugar no Auditorio de Rianxo. Os nenos e nenas de Capela participamos cun baile da canción "Y lloverá y yo veré" do grupo Siempre así.

As nove da mañá xa quentábamos a voz e realizábamos os últimos ensaios.

Ao pouquiño chegaba o autobús.

Xa no Auditorio acomodámonos e dispuxémonos a desfrutar das actuacións dos compañeiros e tamén a esperar o noso turno: actuábamos de sextos. Sí, de sextos! e por moito que preguntamos e repasamos a orde de actuación seguíamos indo no posto 6.

Despois do 1, do 2, do 3, do 4 e do 5 por fin chegou o noso turno!

Uns minutos de concentración e algúns nervios!

 

e xa subidos ao escenario...

fixémolo así de ben!

ver vídeo

A aula de música e a biblioteca

Aínda que xa pasou tempo desta saída, os nen@s de Rañó e as mestras non a esquecen. Que ben o pasamos co mestre Rubén, cantando, tocando diversos instrumentos, danzando... E coa mestra María gozando coa lectura do conto de Pétala e descubrindo un recuncho tan marabilloso como é a biblioteca.

GRAZAS POR FACERNOS DISFRUTAR TANTO! Esperamos con impaciencia a próxima saída.

 

GRAZAS DOLORES!

 

Este debuxo elaborado polos nen@s de Rañó transmite o agradecemento dos propios nen@s a Dolores por cosernos o banquiño de biblioteca.

GRACIÑAS DOLORES! :)

 

NUMERETE

 

 

PLANETA DO 2

Son Numerete, son Numerete

sonche moi particular

vou de planete en planeta

non paro de viaxar.

Hai que planeta máis raro

onde fun parar

pois déronme 2 pendentes

que non paraban de falar.

Numerete animounos moito a xogar co número 2, e así o fixemos empregando os carozos que algúns nen@s trouxeron á aula. Grazas papás, mamás, avós, avoas... por acordarvos de nós e por esas cousiñas cotiás que tanto empregamos para traballar moitos conceptos matemáticos. Aquí vos deixamos unha mostra diso:

 
 
 
 

CHEGAN OS REIS MAGOS Á ESCOLA DE RAÑÓ

Aquí están os tres Reis Magos: Melchor, Gaspar e Baltasar
Dende a escola de Rañó desexamos a todos os nenos e nenas do mundo moitas noites de ilusión e amor compartidas con toda a familia.
FELICES FESTAS AMIG@S!

FESTIVAL DE NADAL

O MÉRCORES 22 DE DECEMBRO, O CRA DE RIANXO PORÁ FIN Ó PRIMEIRO TRIMESTRE DESTE CURSO COA CELEBRACIÓN NO AUDITORIO MUNICIPAL DO FESTIVAL DE NADAL 2010.

PODEDES CONSULTAR O PROGRAMA NO DOCUMENTO ADXUNTO 

BO NADAL!

Nestas datas tan especiais queremos desexar a todos os nosos compañeiros/as, mestres/as e familiares tanta sorte como pingas ten a choiva, tanto amor como raios ten o sol e tanta felicidade como estrelas hai no ceo.

BO NADAL E FELIZ ANO 2011!!!

Distribuir contido