Soutelo

FIN DE CURSO CON CASELÍN

Caselín quere despedirse de vós ata setembro e agradecervos o esforzo que fixestes ó longo destes meses dende as vosas casas para evitar a expansión do COVID-19.

Para lembrar este camiño que percorremos todos xuntos, da man, proponvos deixar una pedra pintada na entrada da escola ( pode ser decorada libremente ou co nome. Recoméndase empregar alkil ou verniz ao rematar para que se conserve a decoración).

Poderedes deixar a vosa pedra decorada a partir do luns, 15 de xuño, aproveitando que esa semana tedes que acudir á escola para recoller o material.

 Animádevos a seguir este camiño!

  

MÉRCORES 10 DE XUÑO

Bos días!!!

Xa falta moi pouquiño para rematar o curso e disfrutar das vacacións de verán...

un último esforzo e rematamos! Aquí vos deixo un par de propostas sinxelas, divertidas e útiles para hoxe mañá.

un abrazo a tod@s

BINGO!

TRABALLAMOS A LÓXICA MATEMÁTICA XOGANDO Ó BINGO!

ELABORAMOS AS BOLAS DE NÚMEROS CON MATERIAIS RECICLADOS:

BINGO

DECUBRIMOS A GAUDÍ

ESTA VEZ TOCOUNOS COÑECER A GAUDÍ E AS SÚAS MAGNÍFICAS OBRAS... E, COMO NON, CONVERTÍMONOS POR UN MOMENTO NO ARTISTA PARA ELABORAR MARCOS PARA FOTOS:

GAUDÍ

 

GAUDÍ2

CURTAMETRAXES DE VALORES

VISUALIZAMOS A CURTAMETRAXE "PIEDRA, PAPEL TIJERA",

REFLEXIONAMOS SOBRE O QUE NOS ENSINA, E DEBUXAMOS ÓS TRES AMIGOS:

PIEDRA

 

PAPEL

FRIDA KALHO

COÑECEMOS Á ARTISTA FRIDA KALHO E FIXEMOS O SEU RETRATO!

FRIDA

 

FRIDA2

LUNS 8 DE XUÑO

BOS DÍAS!

 

AQUÍ VOS DEIXO AS ACTIVIDADES PARA HOXE E MAÑÁ.

RECORDADE QUE HOXE TEMOS MÚSICA.

QUE TEÑADES BOA MAÑÁ!

VENRES 5 DE XUÑO

Bos días!

Rematamos a semana cunha actividade de reflexión... esta semana

traballastes moito así que a actividade de hoxe será máis relaxada. 

Ademáis deixovos aproveitando que é o día do

medio ambiente un vídeo moi significativo.

Que teñades boa fin de sema!!!

MÉRCORES 3 DE XUÑO

Bos días familias!

Seguimos mantendo as rutinas escolares, traballando un pouquiño cada día.

Hoxe tócanos xogar ó bingo! traballaremos a lóxica matemátima a través do xogo. Adxunto documento.

Mañá tócanos ser artistas, esta vez coñecemos a un novo gran artista do noso país..

Que teñades bo día!

LUNS 1 DE XUÑO

BOS DÍAS FAMILIAS!

DE NOVO COMEZAMOS SEMANA E MES! RECORDADE QUE NECEITAMOS O NOVO CALENDARIO DE XUÑO PARA TRABALLAR AS RUTINAS QUE VOS DEIXO AQUÍ XUNTO COAS ACTIVIDADES DE HOXE E MAÑÁ!

RECORDADE QUE HOXE TÓCANOS MÚSICA E MAÑÁ RELIXIÓN E ALTERNATIVA.

BO COMEZO DE SEMANA!

Distribuir contido

Back to top