Soutelo

VIAXANDO...

Continuamos aprendendo sobre os países… Nesta ocasión nos atopamos con este agasallo!

Foi unha gran sorpresa!!

Divertímonos moito xogando coa cidade de papel de FRANCIA!!

ESTAMOS DE VOLTA!

Ola familias,

Benvidos e benvidas a este novo curso escolar! Aproveito para ensinarvos as sorpresas que nos atopamos na aula estes días.

 

 

Este ano, como ben sabedes, traballaremos a temática “A volta ao mundo” e sumerxirémonos na aprendizaxe de diferentes países.

Espero que estedes tan motivados e con tantas ganas coma nós.

 

Un biquiño.

A profe Iris

ESTAMOS DE VOLTA!

Queridas familias e alumnos/as,

 Xa estamos de volta e a nosa mascota de aula "a Abella Aconsella" esta mañá deixóunos unha gran sorpresa na clase!! 

 

           

 

¿Qué será? ¿Para qué se empregará?... Descubrirémolo!!!

Aproveito para darvos a benvida ao curso de novo!! Moitos bicos da Abella e meus!!!

 

A profe Iris

FELIZ VERÁN!

E chegaron as vacacións!! este ano especialmente merecidas para vos despois deste grande esforzo que fixestes traballando tanto dende a casa, sodes uns valentes!!! Así que agora tócavos xogar, bañarvos na piscina, ou na praia,  ler contos, comer moitos xeados, correr, saltar, rir moito, ver un atardecer, andar en bici, facer un castelo de area, e sobre todo xogar e xogar coma nen@s..

FELICES VACACIÓNS MEUS PEQUEN@S!!!

despedida

 

 

E NORABOA ÓS GRADUADOS DESTE CURSO!

GRADU

B

I

A

L

E NON PODEMOS DESPEDIRNOS SEN DARVOS MIL MILLÓNS DE GRAZAS

TAMÉN ÁS FAMILIAS POR ESE GRANDE ESFORZO!

GRAZAS

FELICES MERECIDÍSIMAS VACACIÓNS!!

BICOS E ABRAZOS VIRTUAIS,

ATA SEMPRE,

PROFE ROSA.

 

 

MÉRCORES 17 DE XUÑO

Ola familias!

hoxe rematamos este camiño xunt@s, despois de varios meses esforzándonos cada día porque esta situación tan difícil se levase da mellor maneira posible. So podo dicir que mil veces grazas por poñermo tan fácil.

Aquí vos deixo a última actividade deste curso, espero que vos guste!

un forte abrazo, 

Profe Rosa.

TEATRO DE SOMBRAS DE ANXO

AQUÍ VOS DEIXO O VÍDEO DO TEATRO DE SOMBRAS DE ANXO! UNHA ACTIVIDADE DA PROFE SARA, SE QUEREDES FACELA SO TEDES QUE ENTRAR NO APARTADO DE AUDICIÓN E LINGUAXE E ATOPARÉDELA!

 

https://www.edu.xunta.gal/centros/crarainaaragonta/taxonomy/term/47

LUNS 15 DE XUÑO

Bos días familias!

Comeza a última semana de curso así que imos facer que este último esforzo sexa o máis levadeiro posible! 

déixovos actividades moi sinxelas para hoxe e mañá, 

ánimo e a polo último luns do curso!

ULTIMAS PINCELADAS DO CURSO..

Día a día estivemos traballando sobre o calendario para situarnos temporalmente e ademáis aprender de forma constructiva a ler, escribir, e achegarnos á loxica matemática:

calendarios

  

Estas semanas démoslle as últimas pinceladas ó proxecto do mar afianzando conceptos,

lectoescritura, conteo... e manualidades!

lecto mar

  

Elaboramos botellas da calma nas que podemos ver o océano!

obotella da calma

botella calma irea

botellas calma

VENRES 12 DE XUÑO

Bos días!

Hoxe rematamos o traballo das rutinas do calendario que facemos todos os días.

Os pouquiños días de curso que nos quedan serán moi levadeiros! 

Ánimo que estamos rematando!

 

FIN DE CURSO CON CASELÍN

Caselín quere despedirse de vós ata setembro e agradecervos o esforzo que fixestes ó longo destes meses dende as vosas casas para evitar a expansión do COVID-19.

Para lembrar este camiño que percorremos todos xuntos, da man, proponvos deixar una pedra pintada na entrada da escola ( pode ser decorada libremente ou co nome. Recoméndase empregar alkil ou verniz ao rematar para que se conserve a decoración).

Poderedes deixar a vosa pedra decorada a partir do luns, 15 de xuño, aproveitando que esa semana tedes que acudir á escola para recoller o material.

 Animádevos a seguir este camiño!

  

Distribuir contido

Back to top