4 anos B

LECTOESCRITURA MÁXICA

Hoxe levamos a cabo unha actividade moi motivadora para os/as nenos/as coa cal traballamos a lectoescritura.

Consistía en buscar (pintando con témpera) as letras máxicas que se atopaban no folio branco. 

Os/as nenos/as gozaron moito realizando esta actividade.

 

TINGUINDO ARROZ

Cantas veces escoitamos á nosa familia dicir que coa comida non se xoga!!

Pois ben, estes días na aula de 4 anos B estivemos experimentando co arroz.

Imos contar como tinguimos o arroz. 

1. Baleiramos arroz nunhas bolsas de conxelación. 

 

2. A cada bolsa engadimos unhas pingas de colorante alimentario, pechamos as bolsas e remexemos ben todo.

 

3. Deixamos secar o arroz tinguido ao aire.

 

4. E cando esté seco a xogar!!

Con esta actividade favorecemos o desenvolvemento da motricidade fina, a atención e a concentración. 

APRENDENDO XOGANDO

Que divertido é aprender xogando cos nos@s compañeir@s!!

 

O INVERNO

Estes días na aula de 4 anos B estivemos traballando "O inverno".

Os/as nenos/as fixeron varios traballos manuais relacionados con esta estación.

 

 

BO NADAL!!!

MERENDAS ESPECIAIS

Como estes días fixo moi bo tempo, aproveitamos a ocasión e saímos ao patio a merendar.

Gustounos moito esta experiencia.

 

APRENDEMOS XOGANDO

Aos nenos e as nenas da aula de 4 anos B encántalles xogar, así que estes días estivemos facendo diferentes xogos de atención e xogos con robótica.

 

O OUTONO

O outono xa chegou á nosa clase e fixemos varias actividades con follas e froitos do outono.

 

 

OS CASELIÑOS

Na escola estivemos facendo un traballo manual onde cada neno fixo un caseliño para levar a súa casa.

E se queremos que medren un pouquiño cada noite temos que contarlle un contiño.

 

BOLSAS SENSORIAIS

Os nenos e nenas da aula de 4 anos B elaboraron unha bolsa sensorial con diversos materiais. 

 

Distribuir contido

Back to top