4 anos B

BO INICIO DE CURSO

 

 

Dende a aula de 5 anos B desexámosvos un bo inicio de curso

NUEVO CURSO | Inés música

Feliz Vida!!!

"BOLBORETAS"

Aproveitando que xa estamos na primavera, traballamos as simetrías coas nosas amigas as bolboretas. 

APRENDEMOS XOGANDO

Esta semana chegaron novos xogos á aula. Os/as nenos/as están entusiasmados descubríndoos e xogando con eles.

VERMES DE SEDA

Os/as nenos/as están encantados cos vermes de seda. Medraron moito nestas semanas.

VERMES DE SEDA

O outro día recibimos unha visita moi especial na nosa aula.

Uns vermes de seda moi pequeniños viñeron a escola.

Encantounos a súa visita. 

 

A NOSA HORTA

Os hortos escolares son unha gran ferramenta de aprendizaxe. Permiten traballar coñecementos e habilidades de distintos hábitos, e ao mesmo tempo inculcar valores aos máis pequenos mentres se divirten. Por este motivo, dende a escola puxemos en marcha o noso horto escolar.

 

No horto plantamos diferentes hortalizas, e para non equivocarnos e recoñecer cada unha delas puxemos os seus nomes nunhas pedras que decoramos e pintamos na aula.

 Quedounos un horto moi colorido!!

 

 

BOTELLAS SENSORIAIS

As botellas sensoriais son ideais para desenvolver a atención e son unha excelente estratexia de relaxación cando os nenos e nenas se senten ansiosos, irritables ou frustrados. O movemento dos obxectos que se atopan no interior das botellas axudásenlles a acougarse, apartando da súa mente os pensamentos que lle perturban.

Por iso esta semana na escola decidimos facer unhas botellas sensoriais que nos axudarán a controlar os nosos impulsos e emocións.

 

HUMANIZANDO ESPAZOS

Por fin chegou a primavera, e co bo tempo podemos gozar moito máis tempo do noso patio. Por iso, decidimos decorar a nosa árbore e darlle un toque especial.

 

Ademais da nosa árbore tamén decoramos o enreixado do colexio cuns cadros moi orixinais feitos por nós.

Mirade que “artistadas” fixemos!!

 

PROXECTO "O CINE"

Esta semana estivemos traballando os planos fotográficos (primeiro plano, plano medio e plano enteiro). Cada neno/a fixo un debuxo de cada plano no patio. 

Distribuir contido

Back to top