Responder ó comentario

Dámoslle a benvida á primavera

Boas familias!!

A verdade é que teño que comezar pedindo disculpas por ter este apartado tan abandono. Este curso está a ser un pouco complicado, e no que menos estamos pensando é en sacar fotos.

Aínda así gustaríanos empregar este espazo a modo de blogue, para poder achegarvos algunhas cousiñas das que están a acontecer na nosa aula, e deixar así aberta unha nova canle de comunicación familia-escola.

Esperamos que gocedes tanto vendo as nosas experiencias coma nos o facemos dentro do cole. 

Comezamos o trimestre, e como para todos é ben sabido, os mércores son os días nos que experimentamos coas nosas capacidades artísticas, póndonoas a proba. Este mércores, decidimos darlle a benvida á primavera por todo o alto, e non se nos ocurriu mellor modo de facelo que da man do noso amigo Tullet (autor xa coñecido por todos). Como nos iamos a resistir a faer a nosa propia versión deste CAMPO DE FLORES tan divertido?

  

 

  

 

Houbésenos gustado que o papel fose moito mais grande e todos puidesemos pintar no mesmo, pero... este coronavirus tráenos de cabeza, e non nos deixa, así que a grandes males, grandes remedios. Non podemos facer un único mural? pois facemos mais, e repartímonos nos pequenos grupos.

 

Un saúdo!!

Profe Judit

 

Responder

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
2 + 17 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top