Responder ó comentario

BICOS DE TODAS AS CORES

Bos días familias e rapeces/as! Que tal vos atopades? Espero que todo estea ben e oxalá dentro de pouco poder vernos de novo.

Son a profe Laura e a partir de agora farei propostas de actividades de alternativa relacionadas con distintas temáticas. Unha das temáticas que tratamos no cole nestas sesións son as emocións.

A educación emocional na etapa de infantil é fundamental para que os máis cativos aprendan a regular as súas emocións da mellor forma posible ante os conflitos intra e interpersoais que xorden no seu día a día. Pero para poder xestionalos, primeiro deben coñecelos e aprender a identificalos tanto neles mesmos coma nos demais. Este será o principal obxectivo das actividades relacionadas cos sentimentos e emocións.

Comezamos coa primeira proposta J

Unha gran aperta virtual!

AdxuntoTamaño
alternativa 1.pdf141.1 KB

Responder

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
16 + 0 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top