Skip to Content

Taboleiro

DÍA DAS CRÊPES

Como xa ven sendo tradición, O departamento de Francés celebrou un ano máis o Día das Crêpes. O alumnado participante de 2º, 3º e 4º da ESO demostrou as súas habilidades na cociña. Uns auténticos chefs! 

DELF A2 - ALIANZA FRANCESA

O pasado mes de abril 11 alumnos/as de 4º da ESO presentáronse ao Delf A2 da Alianza Francesa… e por fin acabamos de recibir os resultados.

Todos/as aprobaron… e con excelentes notas!  FÉLICITATIONS !!! 

O DELF (Diplôme d’Études en Langue Française) é un diploma oficial entregado polo Ministerio de Educación Nacional de Francia que certifica as catro competencias en lingua francesa dos candidatos estranxeiros.

Recibimos a visita do Director internacional do Groupe OEC Lille - Ozanam EPIL Campus (Francia)

 

Na semana do 27 ao 31 de maio de 2024 recibimos a visita de Frédéric Rousselle, director internacional do Groupe OEC Lille - Ozanam EPIL Campus en Francia, no marco da acreditación Erasmus+. Durante a súa estancia en Galicia mantivo reunións con profesorado, persoas coordinadoras e membros do equipo directivo do CPI Plurilingüe O Cruce en Cerceda, pero tivo tamén ocasión de visitar en Santiago de Compostela o Centro autonómico de formación e innovación (CAFI) e o Centro de innovación educativa e dixital CIEDIX).

Visita de profesorado da "Scoala Grigore Moisil Navodari" (Rumanía)

Tres profesoras da Scoala Grigore Moisil de Navodari en Rumanía estiveron esta semana no centro facendo job shadow no marco da acreditación Erasmus+.

O martes 21 participaron na saída do alumnado de 1º ESO ao Castro de Vidalonga e a Casa Museo de Manuel María, na provincia de Lugo, orgzanizada polos departamentos de Xeografía e Historia, Lingua galega e Artes plásticas.

O mércores 22 participaron na saída á Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela para o lanzamento da cápsula MarumaSat VI.

E xoves 23 e venres 24 estiveron no centro observando varias clases tanto de secundaria como de primaria e infantil. Entre elas as de linguas estranxeiras: inglés e francés, bioloxía e xeoloxía, física e química ou . Mantiveron ademais reunións con membros do equipo directivo e persoas coordinadoras de proxectos, nomeadamente Radio e Biblioteca. 

 

Alumnado de 2º ESO participa na Spring Week

25 alumnas e alumnos de 2º ESO participaron na semana do 29 de abril ao 3 de maio de 2024 na Spring Week en Mondariz. O programa contribue ao desenvolvemento da competencia plurilingüe por ser unha semana de inmersión lingüística en inglés, pero tamén traballa aspectos como hábitos de vida saúdables, responsabilidade medioambiental, respecto á diversidade, etc. a través de actividades deportivas no contexto da natureza e a convivencia con alumnado e profesorado doutros seis centros educativos do mesmo nivel.

Alumnado de 5º e 6º de primaria impartiu un obradoiro de foguetes químicos e de auga na final autonómica do CanSat, celebrada en Cerceda

O pasado martes 23 de abril celebrouse no aeródromo "As Gaivotas", en Cerceda, a final autonómica da competición da Axencias Espacial Europea CanSat.

Alumnado de 5º e 6º de primaria, que pertence ao Club de Ciencia e traballa en proxectos de Polos Creativos, foi convidado a participar no evento impartindo un obradoiro de foguetes químicos e de auga o que resultou ser unha experiencia moi enriquecedora, inspiradora e divertida. 

Máis información | Xunta de Galicia

Admisión alumnado curso 2024/25

Distribuir contido


by Dr. Radut