Skip to Content

Taboleiro

Alumnado de 1º ESO participa esta semana na Digitalweek

Entre os días 30 de outubro e 5 de novembro, alumnado de 1º ESO do CPI Plurilingüe O Cruce participa en Gandarío no programa de inmersión lingüística, mediante o desenvolvemento de actividades dixitais, da CCEFPU Digitalweek

Instrucións conxuntas ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023

Achéganse as Instrucións conxuntas do 5 de setembro de 2022 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade e da Consellería de Sanidade ao respecto das recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 no ámbito educativo no curso 2022-2023.

 

4º Educación Infantil curso 2022/23: período de adaptación

Aclaracións con respecto aos cambios nas áreas de influencia no Concello de Cerceda

O alumnado previamente matriculado en calquera dos centros de Cerceda ten dereito a continuar nel para o próximo curso académico e sucesivos. A súa situación no varía.

Se algunha familia quixera mudar de centro, pode presentar unha solicitude fóra de prazo no centro da súa elección. Dentro da súa área de influencia, o alumnado terá dereito aos servizos complementarios dese centro.

"Ata pronto, adeus" a nosa película de Cinema en Curso

O pasado martes 21 de xuño o alumnado de 2º ESO B e as súas familias, xunto co resto da comunidade educativa, asistiron á estrea da película Ata pronto, adeus, realizada por elas e eles ao longo do curso co acompañamento do cineasta Xacio Baño, dentro do programa Cinema en Curso, programa internacional no que participan escolas de todo o mundo. O alumnado descubriu todo o traballo que implica o proceso de creación, escritura e filmación, pero tamén a emoción das experiencias familiares compartidas e a tristura de ter que descartar tantas gravacións importantes que non tiveron cabida por a limitación do tempo da película. Toda unha experiencia chea de agradecementos a todos os que colaboraron nela.

Nos seguintes enlaces pódense ver o proceso de creación da nosa película, así como o making of de todas as películas realizadas no programa, e as propias películas

https://www.cinemaencurs.org/ca/node/7789

https://bit.ly/3Nsxfb4

'Ata pronto, adeus', CPI O Cruce (Cerceda), Cinema en curso 2021-2022 from Cinema en curs on Vimeo.

Novas áreas de influencia do Concello de Cerceda

De conformidade co artigo 2 do decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e da orde do 12 de marzo de 2013, emítese resolución de delimitación de áreas de influencia do concello de Cerceda:

  • O CPI O Cruce acollerá ao alumnado que teña o seu domicilio comprendido nas parroquias de Cerceda, Encrobas e Meirama.

 

  • O CEIP Celso Emilio Ferreiro acollerá ao alumnado que teña o seu domicilio comprendido na parroquias de Queixas, Xesteda e Rois”.

 

Axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

A convocatoria destas axudas para o curso 2022 - 2023 publicouse o  18 de maio de 2022.

Poderá pedirse dende o 19 de maio ate o 30 de setembro de 2022, pero non o deixedes para o último día, porque hai  que imprimir o PDF e presentarlo no colexio antes desa data.

Tedes toda a información no seguinte enlace

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/...

Distribuir contido


by Dr. Radut